Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Notas

  • ‘Na Bocanoite’ adapta a oferta de Lugo Cultural á nova normalidade
    A programación cultural deseñada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, xestionado pola USC e que tamén conta co apoio económico do Concello de Lugo e da Deputación Provincial de Lugo, adáptase á nova normalidade xurdida logo da pandemia causada pola COVID-19 da man de ‘Na Bocanoite’, unha proposta que fusiona as visitas guiadas e musicadas das ‘Noites na Domus’ e as actuacións de música ao vivo previstas inicialmente no ciclo ‘Lubicán’.
  • O CGAC presenta 'Wonder Women', a primeira exposición que bota a andar en Santiago tras a crise da covid-19
    O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) acolle desde mañá Wonder Women, a primeira exposición que bota a andar nesta instalación e en toda a cidade de Santiago de Compostela tras a crise da covid-19. A mostra, comisariada polo director do centro, Santiago Olmo, repasa os cambios producidos ao longo das últimas décadas no mundo da arte contemporánea a través de obras da colección do centro realizadas por artistas mulleres. Permanecerá aberta ata o próximo 6 de setembro.
  • Récord de participación no concurso Runas máis internacional do Festival de Ortigueira
    Máis de 30 grupos de oito países e oito comunidades autónomas conforman a edición máis concorrida e tamén a máis internacional nos 20 anos de historia do concurso de novos talentos da música Celta. O interese por darse a coñecer no Festival de Ortigueira cara á celebración en 2021 creceu notablemente pese a non celebrarse o Festival este verán e as dificultades de reunión e gravación propias do confinamento, máis ao contrario; un total de 35 grupos enviaron a súa candidatura a ser un dos 3 finalistas.
  • O maratón Findecurta celebra a súa quinta edición do 26 ao 29 de xuño
    Mantense aberto ata o venres 25 de xuño o prazo de inscrición na quinta edición do maratón audiovisual Findecurta, un certame impulsado desde a USC ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que se desenvolverá do 26 ao 29 de xuño. O certame coordinado por Bruno Maez pretende dar resposta ás inquedanzas de novos creadores audiovisuais en galego, tanto maiores como menores de idade, ao tempo que se busca ofrecer unha plataforma para facer visible o seu traballo.
  • Afundación inaugura o seu museo virtual Agalería coa mostra 'O mar nas coleccións'
    Afundación inaugura o museo virtual Agalería, un novo proxecto pioneiro en España, con carácter dinámico e interactivo, que ofrecerá ao visitante unha experiencia única que lle permitirá entrar non só nas obras expostas, senón no propio espazo. Agalería preséntase ante o público co proxecto expositivo 'O mar nas coleccións de Arte ABANCA e Afundación', unha mostra concibida especialmente para este museo virtual, conformada por 50 obras de 27 autores.
  • 'Escoliña de Merlíns e Morganas', un campamento virtual de maxia impartido por Pedro Volta
    A Cidade da Cultura pon en marcha a 'Escoliña de Merlíns e Morganas', un campamento de maxia virtual dirixido á cativada de entre 8 a 12 anos e impartido por Pedro Volta, un dos ilusionistas galegos máis internacionais. A formación e inscrición será por quendas semanais, entre o 22 de xuño e o 18 de xullo, con tres días de aprendizaxe por internet que se completará cun encontro presencial os sábados no Gaiás para pór en común todo o aprendido.
  • A 37ª Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas exhibirá 16 espectáculos do 9 ao 18 de xullo
    A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas confirmou hoxe a súa 37ª edición, que terá lugar na vila pontevedresa do 9 ao 18 de xullo coas actuacións de 10 compañías escénicas galegas, seis chegadas doutras procedencias e diferentes actividades de difusión e formación arredor da compoñente máis lúdica e social do teatro. A Mostra, organizada desde 1984 pola Asociación Cultural Xiria, cumpre deste xeito o seu encontro anual co público e faino cun aprazamento de varias semanas das súas datas habituais.
  • Celébrase o Día Internacional dos Arquivos cun amplo abano de actividades de lecer a través das redes
    O vindeiro 9 de xuño celebrarase o Día dos Arquivos, cun amplo abano de actividades que se realizará ao longo de toda a semana e que inclúe mostras dixitais, publicacións, microhistorias ou divulgación de contidos. A maioría destas iniciativas serán virtuais, dixitais e multimedia, quedando limitadas as actividades presenciais ao ter en conta a actual crise sanitaria e o proceso de desescalada no que nos atopamos. O epicentro das actividades desta efeméride estará nos arquivos.
  • O III Concurso de microrrelatos da Real Academia e PuntoGal premia nove pequenas grandes historias
    O III Concurso de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal xa ten gañadores. O xurado, reunido onte pola tarde de forma telemática, premiou nove pequenas grandes historias que en conxunto suman 1.025 palabras. Cristina Fernández Mangana, natural de Ourense, Nee Barros Fernández, de Marín, e Christian Cabaleiro Otero, de Redondela, fixéronse cos primeiros premios nas modalidades de adulto, xuvenil e infantil, respectivamente.
  • A Rede Galega de Teatros e Auditorios recupera a súa actividade escénica
    A Rede Galega de Teatros e Auditorios recupera o venres a actividade escénica da Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA), o circuíto profesional de distribución de espectáculos que impulsa e cofinancia en escenarios de 40 concellos galegos. A representación ás 18,00 h. no Centro Cultural e Xuvenil de Muros de Carabela, a cargo de Galeatro Producións Escénicas, será a primeira en atoparse de novo co público, á que seguirán este mesmo mes outras cinco funcións reprogramadas no Teatro Rosalía Castro da Coruña a patir do día 19.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 63
  • 64
  • 65
  • 66
  • 67
  • 68
  • 69
  • 70
  • 71
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información