Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Formación, proxeccións e encontros con profesionais reúnense no programa da sexta edición de Novos Cinemas

Mais tamén actividades como o obradoiro e os encontros con cineastas que acollerá a Vicerreitoría, así como a presentación, na xornada inaugural, das curtametraxes realizadas polo alumnado do campus no marco dun obradoiro impartido polo artista multidisciplinar Adrián Canoura.

Organizado pola Asociación Cultural Novos Cinemas e Matriuska Producións, co apoio do Concello de Pontevedra, a Vicerreitoría do campus, a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a Deputación de Pontevedra e o Instituto de la Cinematografía y las Artes Audiovisuales (ICAA), o programa desta edición 06 de Novos Cinemas foi presentado este venres polos seus directores, Suso Novás e Daniel Froiz, acompañados polo vicerreitor do campus, Jorge Soto; a concelleira de Cultura, Carme Fouces; o director da Agadic, Jacobo Sutil, e a deputada provincial Victoria Alonso. Todos eles puxeron o acento na importancia da colaboración entre institucións de cara a levar adiante unha “idea tan fermosa como é este festival internacional”, como salientou Soto. Un total de 26 directores e directoras, que presentarán 24 filmes, 14 deles dirixidos por mulleres e oito actividades formativas conforman a programación dun festival que, como sinalou Fouces, “vai máis aló” das proxeccións e que é xa “unha parte imprescindible do panorama audiovisual galego”, como engadiu Sutil.

Protagonismo para o alumnado

Na súa intervención, o vicerreitor de campus puxo de relevo o papel do alumnado, “sempre apostando pola cultura, non só dentro da Universidade, senón de cara ao exterior”, algo que, lembrou, a institución académica “leva no seu ADN”. Nese senso, Soto sinalou o obradoiro Videohipnose. Experimentar co cinema na era dixital, no que dez estudantes das facultades de Belas Artes e Ciencias Sociais e da Comunicación desenvolveron unha serie de curtametraxes no marco dun achegamento, titorizado por Canoura, as linguaxes dos cinemas experimental e expandido. Concretamente, o vindeiro martes, ás 16.30 horas, estrearanse no Teatro Principal, no que será o primeiro acto desta edición, O ceo e azul cunha soa nube, de Fernando Areal; Tocotoco, de Clara Borrazás; Strike a pose (fai unha pose), de Lara Cores; 42° 25´ 57” N, 8° 38´47” W, de Antía Encisa; Galice galice, de Yasmina Farhani Luaces; Los apellidos, de Tamara Goberna; A > V, de Alejandro López; Corpo d´agua, de Claudia Pineda; Arriates, de Cristina Vera; e Sen nome, de Rubén Mascato.

Así mesmo, Soto puxo o acento noutra “iniciativa estupenda” que ten como protagonista ao alumnado, como é o Xurado Novo, integrado por cinco estudantes do campus, Raquel Álvarez, Alejandro López, Cristina Vera, Manuel Lucas e Andrea Varela, que serán os responsables de outorgar o Premio do Xurado Novo á Mellor Dirección e a un dos filmes da sección oficial.

Filmes que son “produto da época que estamos a vivir”

Seleccionados de entre máis de 200 producións, a sección oficial reúne películas de España, Italia, Estados Unidos ou Holanda, entre as que se atopa a galega Eles transportan a morte, dirixida por Samuel Delgado e Helena Girón e producida por Beli Martínez, profesora da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. A estas súmanse as catro longametraxes, españolas e arxentinas, da sección "máis íntima", Latexos; todas elas, sinalou Novás, “son produto da época que estamos vivindo, películas moi sensibles nas que o desprazamento, a busca dunha revelación e o peso do feminino é extremadamente importante”. Por outra banda, o programa do festival inclúe tamén a estrea de A virxe roxa, de Marcos Nine, na apertura, e a proxección de Espíritu sagrado, de Chema García Ibarra, na clausura; así como unha sección monográfica dedicada a realizadora María Pérez Sanz.

Formación e encontro con profesionais

Alén das proxeccións, Novos Cinemas abrangue actividades como o obradoiro Os entes, que García Ibarra e a directora de arte Leonor Díaz Esteve impartirán na sede da Vicerreitoría os días 16 e 17, organizado coa colaboración da ECAM. A Casa das Campás será así mesmo a sede dunha serie de encontros con profesionais, varios deles centrados en producións que, como lembrou Novás, previamente pasaron polo espazo de asesoramento LAB do festival. Ese é o caso de Carlos Martínez Peñalver e Liliana Torres, que presentarán o seus proxectos o xoves 16, mentres que ao día seguinte dous egresados de Ciencias Sociais e da Comunicación, o director Ángel Filgueira e a produtora Silvia Puentes, darán a coñecer o seu proxecto Cuando toco un animal. Tamén ex-alumno da facultade Álvaro Gago protagonizará o encontro do sábado, no que“presentará en exclusiva as primeiras imaxes” de Matria, a que será a súa primeira longametraxe, xurdida a partires da curta homónima coa que obtivo máis de 70 premios.
Universidade de Vigo

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información