Notas
-
O recital de Vaudí, que pon ritmo brasileiro ás cancións do cantautor español Víctor Manuel, forma parte do ciclo Sons da diversidade promovido desde o Concello de Santiago de Compostela no Salón Teatro da capital galega. Vaudí e a súa banda interpretan os éxitos máis coñecidos do cantautor asturiano versionados en clave de bossa, jazz ou música popular do Brasil. -
El clásico restaurante lucense dedicará una parte de su comedor a artistas lucenses, tanto noveles como consagrados, que deseen exponer su obra gratuitamente. Durante el mes de mayo se hará una exposición en homenaje a José Luis Mayor Balboa.
-
Especialistas de ambos os territorios, as poetas Yolanda Castaño, Eva Veiga, Alba Cid e Maria João Cantinho, xunto cos músicos Xoán Curiel e Sérgio Tannus, participan en Portugal-Galicia: Escenarios para un encontro. A estrea da versión lusa de Saxo tenor abre no Teatro D. María II a semana das Letras.
-
O conselleiro de Cultura e Educación agradeceu en Arxentina este recoñecemento, que é boa proba da relevancia, talento e profesionalidade do sector galego editorial e do libro. O convite a Santiago de Compostela para participar na edición de 2016 da feira supón unha gran oportunidade para a difusión da obra das autoras e autores galegos e das editoriais.
-
As películas galegas As altas presións, de Matriuska Producións, A Esmorga, de Via Láctea, Maimiño, de Ficción Producciones e A cambio de nada, coproducida por ZircoZine, inician o 8 de maio a súa distribución nos cines españois, o que suporá a coincidencia nas carteleiras comerciais de catro títulos con produción galega de moi diversos xéneros. -
O Consello Galego de Cooperativas participa en Madrid nunha das feiras das industrias culturais e creativas máis innovadora a nivel estatal: o Zinc Shower 2015. O evento reúne en Matadero a 200 relatores nacionais e internacionais, 7.000 profesionais, 45 investidores, 85 startups e máis de 120 actividades relacionadas co emprendemento, a tecnoloxía ou a economía colaborativa. -
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria invita aos escolares da provincia de Lugo a participar no Certame de narración e debuxo infantil con motivo do Día das Letras Galegas, destinado a escolares de ata 16 anos e que organiza a Biblioteca Nodal en coordinación con máis dunha vintena de bibliotecas públicas da provincia.
-
O ciclo Nexos da Cidade da Cultura celebra unha sesión especial na que compartir un charla-entrevista coa autora de "Las viudas de los jueves", a escritora Claudia Piñeiro, considerada a raíña do thriller. Nexos convida… celébrase o venres 22 de maio na Sala Eisenman e, aínda que a entrada é de balde, é preciso inscribirse en www.cidadedacultura.gal. -
José Luis Rebordinos, que foi presentado polo director da Agadic, ofreceu unha charla-coloquio sobre as claves e oportunidades que brinda o certame donostiarra e mantivo reunións individuais. O encontro desenvolveuse na sede do CGAI como parte do programa formativo Galicia ProFilme.
-
A Secretaría Xeral de Cultura e a TVG colaboran para difundir entre a cidadanía a obra do escritor homenaxeado coas Letras Galegas 2015. As tres montaxes, creadas a partir de textos de Filgueira, difundiranse no medio da programación e tamén estarán accesibles en cultura.gal. onde se inclúen as actividades conmemorativas como exposicións ou traducións.


