Notas
-
Se trata de una compilación de artículos publicados por el autor en Galicia Dixital, La Voz de Ortigueira, en los programas de fiestas patronales de Ortigueira y en la revista comarcal Terras do Ortegal.
-
O CGAI retoma o ciclo dedicado ás comedias dos estudios Ealing no inicio da súa programación de 2016A carteleira arranca o xoves 7 con ‘Ocho sentencias de muerte’, de Robert Hamer, tras a que se proxectarán ‘Pasaporte a Pimlico’, ‘Oro en barras’ e ‘Los apuros de un pequeño tren’.
-
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou na ofrenda floral a Ramón María del Valle-Inclán
-
A exposición estará aberta no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, ata o día 14 de xaneiro.
-
O Diario Oficial de Galicia publica as bases polas que se rexerán as axudas do 2016 á produción escénica, ás salas privadas, á promoción do talento audiovisual e aos festivais cinematográficos. O obxectivo xeral destas axudas é contribuír á capitalización das empresas e ao financiamento dos seus produtos e servizos.
-
A programación de Nadal nas bibliotecas públicas centrais territoriais pode consultarse na Axenda de Cultura de Galicia, a través da páxina web cultura.gal, ou nos dispositivos móbiles, descargando a aplicación da axenda en http://www.cultura.gal/gl/destaque-dinamizacion/18784
-
A directora e dramaturga compostelá María José Noya Ansede, conocida como Fefa Noia, será a nova responsable do Centro Dramático Galego. Ocupará o posto de coordinadora do departamento de Produción Teatral da Agadic, desde o que tamén planificará a actividade do Salón Teatro de Compostela.
-
A Agadic colaborou coa Coordinadora del Cortometraje Español para apoiar a presenza de traballos en galego dentro da programación deste evento, que se desenvolve o luns 21 de decembro en España e outros 17 países. O cazador, Bata por fóra (muller por dentro), Conversa cunha muller morta e Anacos forman, no catálogo de curtas.
-
Como concerto extraordinario de Nadal, o Coro Universitario de Santiago e o Orfeón Terra a Nosa interpretan o luns 21 de decembro unha Misa Criolla, concerto que se celebra na Igrexa da Universitaria a partir das 21.00 horas con entrada libre ata completar o aforo. A esta orquestra incorporáronse profesores da Real Filharmonía.
-
O CEIP A Rúa e o IES Fontem Albei gañaron os galardóns polos traballos realizados do programa ‘Cine en curso’ do CGAI. Os proxectos distinguidos, que inclúen pezas documentais feitas polos alumnos, son ‘Un viaje en el tiempo’ e ‘A Fonsa... Acción!’.