Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

As bibliotecas públicas ofrecen unha programación especial de actividades para celebrar o Nadal

As bibliotecas públicas galegas ofrecen estes días unha completa programación de actividades para convidar a cidadanía a celebrar o Nadal a través dos libros e da lectura. Nas cidades, os centros de xestión autonómica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organizan diversas propostas para grandes e pequenos, nas que se inclúen contacontos, obradoiros de banda deseñada, de fotografía e de adornos e agasallos de Nadal, concertos e exposicións para todos os públicos.

A música será a protagonista do concerto didáctico ‘Unha frauta chea de contos’, que ofrecerá Luis Soto no salón de actos da Biblioteca Pública de Santiago de Compostela Ánxel Casal, o vindeiro 29 de decembro, ás 18:30 horas. No marco da iniciativa ‘Musicando na biblioteca’, a xente miúda poderá gozar dun conto falado e tocado, cunha parte didáctico-práctica na que o público infantil que se achegue a biblioteca cun instrumento musical poderá participar activamente. O artista interpretará fragmentos de obras de Bach, Mozart, Prokofiev e Satie. Como peche, tocará dúas pezas para frauta e violino con Lucas e Cecilia Soto, cos que forma o Trío do Acivro. A entrada será libre ata completar a capacidade.

Tamén estará presente a música, en diálogo coa narración e a poesía, no contacontos ‘A música das árbores’, na que Servando Barreiro afondará na posibilidade dun mundo en harmonía coa natureza. Dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos, a actividade terá lugar tamén na Ánxel Casal o 2 de xaneiro ás 12:00 horas.

Para celebrar as festas do Nadal, a biblioteca compostelá tamén programa esta tarde, 23 de decembro, ás 18:30 horas, o espectáculo de monicreques ‘A historia do Apalpador’, a cargo de Títeres Cachirulo, para nenos e nenas a partir de 3 anos.

Obradoiros de Nadal

O contacontos e obradoiro de debuxo ‘O misterio do Nadal’, na que a investigadora Peregrina tentará resolver os casos e misterios máis complexos xunto cos nenos e nenas a partir de 3 anos que participen na actividade, realizada por O Correo do Vento, é outras das iniciativas do centro compostelá e terá lugar o 26 de decembro ás 12:00 horas.

O obradoiro ‘Nadal de origami’, o día 29 ás 11:30 horas, no que Sandra Cañete lles aprenderá aos nenos e nenas de 8 a 12 anos que participen a elaborar figuras de Nadal coa técnica de origami, e o obradoiro ‘Divertímonos no Nadal: maratón de Party&CO’, con Cristina Señarís e Gisela Pérez, os días 28 e 30 de decembro, ás 11:00 horas, dirixido a rapaces e rapazas de 7 a 12 anos (ambos con inscrición previa), completan a programación da biblioteca Ánxel Casal.

Na Biblioteca Pública de Ourense, os nenos e nenas de 6 a 12 anos poderán participar (previa inscrición) nos obradoiros de elaboración de agasallos de Nadal que terán lugar os días 28 de decembro e 4 de xaneiro, ás 12:00 horas, a cargo de Carmen Cabo. O centro lucense tamén ofrecerá un obradoiro de fotografía dixital no que Lucía Blanco lles aprenderá a rapaces e rapazas de 12 a 16 técnicas para aproveitar as posibilidades que ofrecen os dispositivos móbiles.

Esta tarde, Caramuxo Teatro levará á Biblioteca Pública de Lugo o espectáculo ‘Glub glub’, unha historia de amizade entre un barquiño de papel afundido no mar e un peixe dirixida a nenos e nenas ata os 3 anos. Haberá dous pases, ás 18:00 horas e ás 19:00 horas.

Na Coruña, a Biblioteca Pública Miguel González Garcés exhibirá desde o 28 de decembro ata finais de xaneiro a exposición cos traballos finalistas e gañadores do V Certame de Fotografía Luces e Cores de Elviña, promovido pola Asociación Veciña Elviña 2 Fases. E para os nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, o centro propón a actividade ‘Contos dos trasnos’, de Trinke-Trinke Teatro, narrado polo trasno da biblioteca e que terá lugar o 9 de xaneiro ás 12:00 horas.

O Carteiro Real visita Vigo

O Carteiro Real tamén se achegará á Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia para recoller as cartas dos nenos e nenas dirixidas ás súas Maxestades de Oriente. Na Biblioteca de Vigo Juan Compañel estará o 28 de decembro ás 17:30 horas. O centro vigués tamén organiza obradoiros de Nadal para cantar, debuxar e xogar en inglés, os días 28 de decembro e 4 de xaneiro, ás 18:30 horas, a cargo de Javier Núñez Corbal. Están dirixidos a nenos e nenas de 4 a 6 anos e precisan inscrición previa.

Finalmente, a Biblioteca Pública de Pontevedra Juan Compañel propón esta tarde, ás 18:30 horas, un divertido e sorprendente espectáculo de maxia a cargo de Leo Leíño, para facer gozar a todos os públicos.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información