Inaugurada en Lugo a exposición das obras presentadas ao Certame Galego de Arte de Begonte
Queda aberta na sala de exposicións da Xunta de Galicia en Lugo a exposición de obras presentadas á XXVI edición do Certame Galego de Arte “José Dominguez Guizan”, convocado polo centro do mesmo nome, impulsor do Belén Electrónico de Begonte.A exposición estará aberta no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, ata o 14 de xaneiro. O 15 do mesmo mes abrirase ao público na Casa da Cultura de Begonte.
As obras que figuran nesta mostra aspiran ao PREMIO JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN, dotado con 1.500€ e estatuíña de Sargadelos.
Xulio Xiz


