Notas
-
Constituíuse de xeito oficial como cineclube o 13 de febreiro de 1966. Celebrábase aquel ano o centenario do nacemento de don Ramón María del Valle-Inclán e os fundadores decidiron poñerlle á nova entidade o nome do escritor galego. Julio Ulloa Vence foi o seu primeiro presidente.
-
Presentouse no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” a obra O Ouro de Ourense, unha publicación do historiador e escritor ourensán Bieito Iglesias con fotografías de Xulio Gil que fai un percorrido, a través dunha visión persoal do autor, pola historia, a literatura e as imaxes da capital ourensá. A presentación contou tamén coa presenza do representante da empresa Engaiolarte Edicións, Xan Carballa.
-
A súa posta en marcha suporá un investimento inicial duns 332.000 euros, máis do 75% dos cales son financiados polo Goberno galego. Román Rodríguez salientou a importancia de protexer e conservar eficazmente o noso patrimonio cultural habilitando medidas que garantan tanto a seguridade dos bens como das persoas que os custodian.
-
Caxigueiro, Carmen Chacón, Denís Estévez, Xurxo Gómez-Chao, José Meis, Olga Osorio, Xoán Piñón e Manuel Sendón participan neste proxecto colectivo comisariado por Mercedes Rozas, que se pode visitar ata o 27 de marzo de 2016 na Casa da Parra que celebra o seu 30º aniversario.
-
A obra, estreada orixinalmente polo Centro Dramático Galego, é unha adaptación portuguesa de "A Piragua", de Cándido Pazó, que afonda na lacra da violencia doméstica a partir dunha situación aparentemente absurda como é o desconcerto dun home diante da piragua que un veciño garda no seu garaxe.
-
En 2015 cumpríronse vintecinco anos do pasamento do escritor de Paradela Manuel Rodríguez López. Galicia Digital publica textos de escritores que lembran a súa figura (<a href="http://www.manuelrodriguezlopez.org" target="_blank">www.manuelrodriguezlopez.org</a>).
-
Sala Gurugú e Teatro del Andamio da Coruña, Sala Ingrávida do Porriño, Fundación SGAE de Santiago e Teatro Ensalle de Vigo conforman este circuíto de distribución de espectáculos en escenarios de titularidade privada e capacidade reducida. Entre 28 compañías sobresae a oferta dirixida ao público infantil e familiar.
-
O sábado 23 de xaneiro, os “Amigos dos Museos de Galicia” homenaxean en Betanzos ao historiador Alfredo Erias, a quen este colectivo de 700 asociados galardonou no pasado ano co Premio “Pedra do Destino”, pola súa constancia e obra dedicada a estudar e divulgar as Mariñas.
-
Adriana Polo González, do CEIP Juan Rey-Lorenzá; e Mateo San Isidro, do IES Vilar Ponte de Viveiro, gañan este certame nas categorías A e B, respectivamente.
-
A companhia portuguesa A Escola da Noite apresenta no dia 28 de Janeiro, no Salón Teatro, em Santiago de Compostela, o espectáculo “A Piragua” (“A Canoa”, em Português), de Cándido Pazó. “A Piragua” foi escrita e apresentada pela primeira vez em Santiago de Compostela em 2007 polo Centro Dramático Galego.