Notas
-
Ferreiro destaca o apoio da Área de Cultura aos proxectos das novas e novos creadores galegos. A produción recibe por parte da Área de Cultura un total de 25.000 €.
-
A deputada do BNG, Ana Pontón manifestou que resulta “urxente” modificar a política lingüística do Partido popular, comezando pola derrogación do decreto do plurilinguismo que cualificou de “esperpento xurídico e ofensa á dignidade do pobo galego”. O BNG apoiará a iniciativa cunha moción nos concellos onde conta con representación política.
-
A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) decidiu conceder os Premios Mestres/as da Memoria 2016 a Dolores Macías Pose e Mini e Mero, que se entregarán nunha gala en Lugo o 19 de marzo. Tamén entregará o 14 de maio en Compostela a Pere Gimferrer o Premio Escritor Galego Universal.
-
Agadic conta cun espazo de difusión para a produción galega de curtametraxes e a presenza en Euro Connection 2016, no mercado deste prestixioso festival francés, que arrancou con máis de 3.600 profesionais de 92 países. Shorts from Galicia inclúe curtas de Xacio Baño, Keina Espiñeira, Santos Díaz, Eloy Domínguez e Lois Blanco.
-
Debateuse a totalidade do proxecto de Lei do Patrimonio Cultural de Galicia. A Xunta di que “estamos obrigados a buscar unha nova xestión, máis simple e achegada aos cidadáns”, e destaca a protección do Camiño de Santiago. A oposición critica a nova normativa e alerta da difícil situación do patrimonio cultural.
-
O cineasta de Rábade, que recolleu o premio á mellor montaxe pola película El desconocido, participa habitualmente en actividades dirixidas ao alumnado da EIS. A provincia estivo presente na Gala do cine español cos candidatos lucenses, o director Dani de la Torre e o actor Luis Tosar.
-
O traballo gañador do III Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, "Renacer", de Eva Díez, ve a luz nunha publicación que foi presentada en Ourense pola propia autora, polo secretario xeral de Cultura e polos coordinadores do certame. Cunha dotación económica de 12.000 euros, o premio tradúcese na produción dunha exposición e mais na edición dun libro, xunto coa itinerancia da mostra.
-
El Museo Pedagógico de Galicia (Mupega) muestra ‘El mundo en las manos: Cartografía Escolar de los siglos XIX y XX', la nueva muestra temporal dedicada la esta rama de la geografía, fundamental para el estudio y conocimiento de la Terra.
-
Xoán Vila, escultor lucense, inaugurou na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a exposición de esculturas “O bulebule dos soños”, composta por catorce das súas esculturas en madeira de castiñeiro autóctono de Galicia, policromadas. Pode visitarse ata o 27 de febreiro.
-
Na reunión analizaron novos proxectos culturais e musicais que está a planificar a Coral de Ruada, entre os que figura o que se denominará “Festival de Ruada da Ourensanía”, que ten como obxectivo que a coral teña unha presenza activa no territorio da provincia de Ourense, sinaladamente en concellos que non están integrados dentro dos habituais circuítos culturais.