Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Xunta e Bispado de Lugo impulsan o Museo Diocesano para salvagardar o patrimonio histórico e artístico

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Diocese de Lugo van impulsar a posta en marcha do Museo Diocesano e Catedralicio, a través dun convenio de colaboración que asinaron o conselleiro Román Rodríguez e o bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco. O acordo permitirá salvagardar o patrimonio histórico e artístico moble deste territorio episcopal que abrangue concellos das provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra e recuperar para a cidade da Muralla unha dotación museística que complemente a súa oferta cultural.

O conselleiro Román Rodríguez salientou que tanto a Xunta como a Diocese “somos conscientes da importancia de colaboración en materia de conservación e protección do noso patrimonio cultural”, máxime cando se trata dun ámbito territorial que conta cunhas 1.263 parroquias e gran cantidade de núcleos de poboación dispersos e moi despoboados. “Isto nos sitúa ante a necesidade de protexer e conservar eficazmente o patrimonio moble máis sobranceiro distribuído polas distintas parroquias desta Diocese, habilitando medidas que garantan a seguridade dos bens.”

Este acordo persegue un dobre obxectivo: por unha parte vaise realizar unha intervención no Museo Catedralicio e, doutra banda, garántese a conservación e protección daqueles bens que posúen un valor cultural significativo. Deste xeito, a Consellería de Cultura e Educación apoia economicamente unha intervención que ten como principal finalidade a salvagarda do noso patrimonio cultural. Pola súa parte, o Bispado de Lugo comprométese a elaborar un inventario de todos os bens, proceder á súa catalogación e encargarse da negociación coas parroquias do traslado ao Museo daqueles bens do patrimonio moble máis valiosos. Isto é, o compromiso de salvagarda dos bens de maior valor cultural, para asegurar a súa transmisión ás xeracións vindeiras.

Trátase, por tanto, de que o recinto museístico reúna os requisitos necesarios para a custodia destes bens garantindo a súa seguridade, as condicións de conservación preventiva axeitada; e tamén para a súa exposición e difusión. Así mesmo, co fin da salvagarda do patrimonio, a Diocese aportará un inventario dos bens, unha relación das pezas que deben trasladarse ao Museo, e a dotación dun espazo de almacenaxe e depósito.

O investimento total desta intervención será de 332.311,46 euros, dos cales 250.000 euros (o 75,23% do total) serán financiados pola Consellería de Cultura e Educación, e o 82.311 euros restantes pola propia Diocese de Lugo.

A tal fin, instalarase un novo sistema de seguridade nas dependencias do Museo, así como na renovación das áreas expositivas. Para tal fin levarase a cabo un acondicionamento dos espazos, que se dotarán dos elementos necesarios para organizar e ordenar os contidos, os percorridos e o discurso expositivo das pezas existentes xunto coas novas que se incorporen.

Tal como se establece no convenio, a Diocese de Lugo será a encargada de aportar o proxecto técnico das obras así como de contratar os medios humanos, técnicos e materiais necesarios para a súa execución.

Esta colaboración responde á obriga de garantir a conservación e promover o enriquecemento do patrimonio histórico, artístico e documental da Igrexa en Galicia, dada a súa singular importancia cultural e patrimonial. Cómpre salientar ademais que a Diocese de Lugo é a que ten o maior número de parroquias da comunidade, con núcleos moi dispersos e despoboados que supoñen un factor de risco e de deterioro para o patrimonio cultural eclesiástico. De aí a necesidade de preservar estes bens nun espazo axeitado para tal fin que reúna as condicións necesarias.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información