Notas
-   
  
  
   A Real Filharmonía de Galicia (RFG) presentou a súa nova temporada de abono 2016-2017 no Auditorio de Galicia. A orquestra afrontará o repertorio clásico que a caracteriza, pero ademais, no seu afán de innovar, explorará novos camiños musicais, abordando un repertorio nunca antes interpretado. A Real Filharmonía de Galicia (RFG) presentou a súa nova temporada de abono 2016-2017 no Auditorio de Galicia. A orquestra afrontará o repertorio clásico que a caracteriza, pero ademais, no seu afán de innovar, explorará novos camiños musicais, abordando un repertorio nunca antes interpretado.
-   
  
  
   O encontro musical intercéltico Lorient celebra a súa 46ª edición cunha especial adicatoria a Australia. Neste festival, Galicia presenta unha delegación conformada por 150 persoas (música e baile) como Riobó, Vaamonde, Lamas & Romero, Brincadeira, Cántigas e Froles e a banda de gaitas Malante. Dez anos despois (2006-2016) adícase de novo a Australia. O encontro musical intercéltico Lorient celebra a súa 46ª edición cunha especial adicatoria a Australia. Neste festival, Galicia presenta unha delegación conformada por 150 persoas (música e baile) como Riobó, Vaamonde, Lamas & Romero, Brincadeira, Cántigas e Froles e a banda de gaitas Malante. Dez anos despois (2006-2016) adícase de novo a Australia.
-   
  
  
   A proposta cultural pódese visitar en agosto na Fundación Eugenio Granell e contará con preto de 200 produtos artesanais de 46 talleres de toda Galicia. A iniciativa enmárcase dentro do programa Artesanía de Galicia. O teu camiño, que tamén inclúe dúas exposicións e a celebración de obradoiros profesionais e para toda a familia. A proposta cultural pódese visitar en agosto na Fundación Eugenio Granell e contará con preto de 200 produtos artesanais de 46 talleres de toda Galicia. A iniciativa enmárcase dentro do programa Artesanía de Galicia. O teu camiño, que tamén inclúe dúas exposicións e a celebración de obradoiros profesionais e para toda a familia.
-   
  
  
   Alberto Zedda será o director musical da versión semiescénica de Gustavo Tambascio, cun reparto encabezado por Ainhoa Arteta e Bryn Terfel xunto coa Orquestra Sinfónica de Galicia e o Coro Gaos. A Xunta apoia as actividades de promoción do xénero lírico que leva a cabo a Asociación Amigos da Ópera e que se presentaron nesta cidade. Alberto Zedda será o director musical da versión semiescénica de Gustavo Tambascio, cun reparto encabezado por Ainhoa Arteta e Bryn Terfel xunto coa Orquestra Sinfónica de Galicia e o Coro Gaos. A Xunta apoia as actividades de promoción do xénero lírico que leva a cabo a Asociación Amigos da Ópera e que se presentaron nesta cidade.
-   
  
  
   Galicia Culturea leva no verán de 2016 preto de 600 actividades culturais e de dinamización lingüística a un total de 166 concellos galegos. Entre os obxectivos do programa está achegarlles os distintos públicos aos creadores e artistas galegos, que se coñezan máis e mellor os excelentes froitos que dá a cultura galega na actualidade. Galicia Culturea leva no verán de 2016 preto de 600 actividades culturais e de dinamización lingüística a un total de 166 concellos galegos. Entre os obxectivos do programa está achegarlles os distintos públicos aos creadores e artistas galegos, que se coñezan máis e mellor os excelentes froitos que dá a cultura galega na actualidade.
-   
  
  
   A obra do mexicano, que bebe das prácticas posconceptuais das décadas dos sesenta e setenta, exhibirase no CGAC ata o 16 de outubro. "To be Political it has to Look Nice" inclúe oito proxectos expositivos, tanto individuais como colectivos, para dar a coñecer a creación de artistas como é o caso de Brüggemann. A obra do mexicano, que bebe das prácticas posconceptuais das décadas dos sesenta e setenta, exhibirase no CGAC ata o 16 de outubro. "To be Political it has to Look Nice" inclúe oito proxectos expositivos, tanto individuais como colectivos, para dar a coñecer a creación de artistas como é o caso de Brüggemann.
-   
  
  
   Preséntanse os tres representantes de Galicia –Radio Cos, Narf e Xabier Díaz– que actuarán na maior feira mundial da música de raíz en Santiago do 19 ao 23 de outubro. A previsión é que se organicen 60 concertos e que visiten Galicia 2.500 profesionais de 90 países, o que implicará un impacto económico duns 2,5 millóns de euros. Preséntanse os tres representantes de Galicia –Radio Cos, Narf e Xabier Díaz– que actuarán na maior feira mundial da música de raíz en Santiago do 19 ao 23 de outubro. A previsión é que se organicen 60 concertos e que visiten Galicia 2.500 profesionais de 90 países, o que implicará un impacto económico duns 2,5 millóns de euros.
-   
  
  
   A figura do artista de Cervo José María Cao, “o galego patriarca da caricatura arxentina”, que influíu en autores como Castelao, é recoñecida en toda América Latina. Na presentación da exposición que se pode visitar na Valente ata o 8 de agosto, o alcalde de Ourense lamentou a perda do escritor Fernández Paz para a cultura galega. A figura do artista de Cervo José María Cao, “o galego patriarca da caricatura arxentina”, que influíu en autores como Castelao, é recoñecida en toda América Latina. Na presentación da exposición que se pode visitar na Valente ata o 8 de agosto, o alcalde de Ourense lamentou a perda do escritor Fernández Paz para a cultura galega.
-   
  
  
   “Andar con arte” organiza oito andainas do 30 de xullo ao 27 de agosto, con convidados expertos en diferentes áreas como a arquitectura, a arqueoloxía, a xeografía, a xeoloxía ou a arte. Igrexas, muíños, castros, fortalezas e vías romanas son protagonistas da cuarta edición do ciclo que percorre varios concellos galegos. “Andar con arte” organiza oito andainas do 30 de xullo ao 27 de agosto, con convidados expertos en diferentes áreas como a arquitectura, a arqueoloxía, a xeografía, a xeoloxía ou a arte. Igrexas, muíños, castros, fortalezas e vías romanas son protagonistas da cuarta edición do ciclo que percorre varios concellos galegos.
-   
  
  
   O grupo de Costa de Marfil actúa o martes 12 de xullo, ás 21 horas, no Salón Teatro da capital de Galicia no marco da VIII Festa Africana promovida pola onegué Égueire, que leva a cabo proxectos de desenvolvemento no país africano. Esta coral de Abidjan foi creada en 1974 onde viven unhas 220 familias. O grupo de Costa de Marfil actúa o martes 12 de xullo, ás 21 horas, no Salón Teatro da capital de Galicia no marco da VIII Festa Africana promovida pola onegué Égueire, que leva a cabo proxectos de desenvolvemento no país africano. Esta coral de Abidjan foi creada en 1974 onde viven unhas 220 familias.


