Notas
-
O Concello de Redondela, en co-producción coa compañía Nelson Quinteiro Cabaret ven de presentar o programa do IX Festival Galego de Cabaré, que co slogan “Mergúllate nas calores do verán” ofrecerá durante a derradeira semana de agosto unha programación única no panorama estatal en torno ao cabaret, o burlesque ou o swing.
-
Presentación das Estampas máxicas de Celanova, de Baldomero Moreiras, na Casa dos Poetas de CelanovaA Casa dos Poetas, en Celanova, acolleu este xoves a presentación das láminas e postais “Estampas máxicas de Celanova” realizadas polo pintor Baldomero Moreiras. Baldomero Moreiras estivo acompañado na mesa de presentación por Xosé Carlos Sierra que foi director do Museo etnográfico de Ribadavia e Xosé Benito Reza en representación da Fundación Curros Enríquez.
-
Cales son os meus dereitos como ilustrador? Que é o traballo especulativo? Por que non é recomendable traballar gratis? Canto debo cobrar? Cales son as claves para negociar ben un contrato? Que fago se un cliente non me paga? Que pasa se me plaxian? A Guía Ninja do Ilustrador, impulsada pola Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), nace como resposta aos problemas aos que os profesionais creativos freelance se enfrontan día a día.
-
Esta semana preséntase cun dobrete en TerraZeando, xa que o ciclo recibe a un peso pesado do pop maís audaz como é Remate en dúas citas: o mércores 10 en O Sendeiro (Compostela) e o xoves 11 en La Mar Salada (A Coruña). Representando como ninguén a soidade do corredor de fondo musical. Tras máis dunha década de carreira e unha ducia de discos as súas costas, Remate demostrou unha integridade camaleónica a proba de balas.
-
Lume de Biqueira Banda de Gaitas actuará el día 11 de agosto en el Breizh Stade, en el Festival Interceltique de Lorient. Los días 12 al 15, ambos inclusive, esta banda de gaitas actuará diariamente en el Festival des Filets Bleus, en Concarneau. Lume de Biqueira es una banda de gaitas gallegas radicada en Madrid, que ha conseguido fusionar temas tradicionales gallegos, asturianos, irlandeses y escoceses (y alguno bretón).
-
O Festival terá lugar do 5 ao 14 de agosto en Lorient (Bretaña Francesa). A Banda de Gaitas da Asociación Cultural “Cántigas e Frores” formará parte da delegación galega no Festival Interceltique de Lorient que se celebrará na Bretaña Francesa do día 5 de agosto ao 14 de agosto. Este encontro musical intercéltico celebra a súa 46 edición cunha especial adicatoria a Australia.
-
O 12 e o 13 de agosto tamén actuarán, no contorno do pazo de Mos, Tiruleque, Akelarre Agrocelta, Airiños do Castelo e os gaiteiros da Ruada o Centro Cultural de Torroso. Exposicións de coiro e de instrumentos tradicionais xunto co Festival BailaMos completan o cartel dest iniciativa que conta co apoio de Cultura e de Educación.
-
A peza "Menhir con buxardos" do artista de Meaño foi galardoada co primeiro premio entre as 63 obras presentadas este ano, un 50% máis que en 2015. O xurado do certame organizado pola Asociación Cultural Francisco Asorey concedeulles senllos accésits a Rodrigo Domínguez e a Augusto Fernández Arana.
-
A praza central acolle o concerto da banda galega Os Amigos dos Músicos e o sábado 30 de xullo é a quenda do pop luminoso de La familia del árbol. Inclúe o venres 29 de xullo a segunda sesión de cine ao aire libre coa película de Alan Parker The Commitments, precedida por unha sesión DJ a cargo de Pablo Electrocute.
-
Durante os días 30 e 31 de xullo, o municipio ourensá de Manzaneda acolle a celebración da VII edición do “Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas – I Encontro Infantil”. Inclúe a celebración da Noite Celta coa actuación de Óscar Ibáñez (Trío), Cantareiras da Real Banda, Real Xuvenil e Lapsus Gaita.