Notas
-
O concerto de apertura da quinta edición contará cunha estrea mundial do compositor Toshio Hosokawa a cargo de Vertixe Sonora Ensemble. A performer e calígrafa nipoa Aoi Yamaguchi, e a videoartista Masako Hattori participan na sesión inaugural en Pontevedra. Trátase da estrea mundial de “Souvenir aus Japan”, dúas estreas en España e a reestrea dunha partitura de 1981, perdida e agora recuperada.
-
As dúas autoras foron as gañadoras do premio do xurado e do premio da audiencia da Radio Galega (RG) polas obras "O quinto inverno" e "Un bo final", respectivamente. Ambos os traballos acaban de ver a luz nun libro-disco dispoñible na Libraría Institucional da Xunta de Galicia (www.libraria.xunta.gal).
-
Obradoiros e unha conferencia no arquivo galego súmanse aos actos organizados por centros de todo o mundo para conmemorar a creación o día 9 de xuño de 1948 do Consello Internacional de Arquivos. Co lema Arquivos, cidadanía e interculturalismo, o Arquivo do Reino de Galicia celebra un ano máis o Día Internacional dos Arquivos.
-
Ademais da beleza das pinturas de Lamazares e dos caligramas, gravados e debuxos de Novoneyra, hai unha lección indiscutible de que a mestura de épocas é un proceso que sempre suma, que acumula e non exclúe. Tanto Novoneyra como Lamazares son representantes da mellor faceta da cultura galega.
-
O alcalde da capital de Galicia presentou os primeiros cinco volumes da Colección SELIC, que nace ao abeiro da Semana do Libro de Compostela. Martiño Noriega salientou que se trata dunha "biblioteca creada ad hoc, co obxectivo de que a SELIC deixe pegada". Suso de Toro agradeceu a iniciativa do Concello porque "é importante crear unha biblioteca da cidade".
-
A mostra central das Letras Galegas 2017 pode visitarse ata o 25 de xuño na Zona “C”, antes de proseguir o seu percorrido por Galicia. A mostra propón un achegamento ao universo vital e literario de Carlos Casares, a través dunha sucesión de territorios simbólicos.
-
A película de José Luis García Sánchez proxéctase na Filmoteca de Galicia con entrada gratuíta para o público. Con guión de Rafael Azcona, Esperpentos (2008) é unha viaxe pola obra de Valle da man de D. Manolito e D. Estrafalario que pasan os últimos años da ditadura de Primo de Rivera buscando obras prohibidas por orde gobernativa.
-
Están a participar no principal mercado mundial da industria cinematográfica como parte do programa de internacionalización do audiovisual galego que desenvolven a Consellería de Cultura e Educación e o Igape. Memorias dun home en pixama, único proxecto español seleccionado para a súa presentación profesional na sección Aneccy goes to Cannes.
-
O centro expositivo da praza das Praterías celebra unha xornada de acceso gratuíto na que tenta mostrar ao público a filosofía integradora da súa oferta. O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou a antiga sede do Banco de España e fixo un chamamento a descubrir os misterios que agocha.
-
Política Lingüística, Renfe Viaxeiros, ADIF, Leite Noso (Deleite) e Editorial Galaxia únense para levar adiante este programa de actividades que prolonga a difusión da obra de Casares máis alá do 17 de maio. Os alumnos participantes foron recibidos na estación de Ourense.