Notas
-
A banda asturiana Fasenuova e a mexicana Carla Morrison completan a primeira semana do ciclo de música ao aire libre Atardecer no Gaiás. O Museo Centro Gaiás acolle o domingo 9 de xullo o II Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia, no que participarán 14 formacións.
-
O conselleiro de Cultura e Educación participou nos actos do segundo aniversario da declaración dos Camiños do Norte como Patrimonio da Humanidade, que tiveron como colofón a colocación dunha placa conmemorativa no interior da Catedral de Nosa Señora da Asunción. Anticipouse tamén a musealización da casa de Cunqueiro ou as futuras actuacións no xacemento arqueolóxico dos Castros.
-
Son 11 os eventos musicais que se repartirán os 220.000 euros previstos; en tanto que nove encontros de teatro e danza percibirán 170.000 euros. A través desta liña de apoio, a Xunta contribúe á consolidación dun mapa galego de festivais, así como a dinamizar a contratación artística e a creación de públicos. Búscase consolidar un mapa galego de festivais profesionais.
-
Reúne debuxos de escolares de 22 países en torno aos ideais das Nacións Unidas. O delegado territorial, José Manuel Balseiro, inaugurou a mostra xunto co presidente da asociación Paz e Cooperación, Joaquín Antuña, e o director de Galicia Dixital, Xulio Xiz.
-
Como broche de ouro á exposición ‘Ovidius Vivit!’ que se clausura en Fonseca, na Universidade de Santiago de Compostela, o espazo da capela deste colexio universitario acolle o mércores 5 de xullo unha velada musical a cargo do grupo Resonet e da cantante Mercedes Hernández, baixo o título xenérico de Músicas para un poeta.
-
O secretario xeral de Política Lingüística inaugurou no Consello da Cultura Galega (CCG) o Foro de debate sobre a Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias incidindo “na importancia de todas as linguas, as de máis falantes e as de menos falantes, na construción dunha Europa unida na diversidade das linguas”.
-
Os alemáns Rammstein encabezan un cartel que reunirá 100 bandas internacionais do 5 ao 8 de xullo en catro escenarios temáticos da localidade lucense. O festival Resurrection Fest de Viveiro consolídase como unha cita galega de referencia mundial na música metal e hard rock. O Resurrection refórzase liderando as citas europeas de heavy, hardcore e punk.
-
TerraZeando pretende aproveitar lugares especiais de Santiago de Compostela que raramente son empregados na música en directo. Espazos que por si mesmos son capaces de amplificar as emocións e sensacións xa xeradas por un concerto. Terrazas, parques e espazos singulares que polo seu magnetismo dan lugar a noites inesquecibles para os cidadáns.
-
O Festival Peregrinos Musicais une a mozos solistas de todo o mundo. Este Festival ó longo da súa historia invita a participar nos seus concertos a talentosos solistas clásicos de España, Países Baixos, Rusia, Armenia, Estados Unidos, Alemaña, Xeorxia, Bielorrusia, Canadá e que representan, o ano da súa selección, o maior nivel de excelencia profesional na música clásica á súa idade nos seus países.
-
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Instituto Nacional de Cine y Artes Audiovisuales de Argentina (INCAA) fixan no memorándum impulsar xuntos a creación de películas e series entre ambos os dous territorios, como parte do acordo de coprodución audiovisual asinado no marco de Conecta Fiction.