Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O CDG publica a tradución das pezas literarias de Valle-Inclán 'As galas do defunto' e 'A filla do capitán'

A tradución ao galego das obras teatrais de Valle-Inclán As galas do defunto e A filla do capitán, agrupadas baixo o título Martes de Carnaval, conforman o segundo volume da colección editorial O papel do teatro, promovida polo Centro Dramático Galego (CDG) para darlle difusión ás versións dos textos dos seus espectáculos.

Manuel Cortés asina a tradución das dúas pezas cumio do esperpento, cuxa publicación cobra o valor engadido de incorporar a obra do autor arousán ao corpus dramático galego, no ano no que a súa produción literaria pasa a ser patrimonio universal e, por tanto, libre de ser traducida a calquera idioma.

Do mesmo xeito que xa se fixera co primeiro número da colección, o Tartufo de Molière, a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Edicións Positivas asumen en réxime de coedición a publicación deste volume. Trátase dunha edición de peto de 110 páxinas, con fotografías a cor que reproducen algunhas das escenas do espectáculo Martes de Carnaval estreado polo CDG o pasado 20 de abril baixo a dirección de Mata Pazos, e que realiza estes días as súas últimas funcións no Salón Teatro de Santiago de Compostela despois de terse representado noutros oito escenarios.

Ademais dos textos de Valle-Inclán, o exemplar inclúe senllos artigos de Fefa Noia, directora do CDG, e de Marta Pazos, así como a relación dos nomes dos equipos artístico e técnico que puxeron en pé a montaxe interpretada por Iria Azevedo, César Cambeiro, Mercedes Castro, Anabell Gago, Miquel Insua, Alejandro Jato, Pablo Rivero Madriñán, María Roja, Machi Salgado e Sergio Zearreta.

Martes de Carnaval: As galas do defunto. A filla do capitán pode mercarse xa a un prezo de 9.50 euros a través da Libraría Institucional da Xunta de Galicia e está tamén dispoñible nos principais establecementos galegos do ramo.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información