Notas
-
A AGAPI vén de facer públicos os proxectos seleccionados para a III Edición do AGAPI IMPULSA COPROS, un programa gratuíto de asesoría personalizada para mellorar e orientar no seu financiamento proxectos de coprodución para cinema e televisión. O comité desta III Edición, formado por profesionais de recoñecido prestixio dentro do ámbito da produción executiva, estivo composto por Raúl García de Meteórica Cine, Pilar Abades de Illa Bufarda e Javi Lopa de Undodez.
-
O xoves, día 17 de outubro, ás 19.30 horas en NORMAL, o Espazo de Intervención Cultural da Universidade da Coruña, terá lugar a inauguración da exposición “Fío do Norte”, comisariada por Juan Luis Toboso en diálogo con Filipa Ramos. O evento contará,ás 20:00 horas, co concerto de Carme López, que engadirá unha experiencia sonora única á inauguración.
-
A Intelixencia Artificial e os seus retos de futuro é a temática central da vindeira sesión dos ‘Encontros de Lúa Chea’ que terá lugar este mércores 16, ás 19.00 horas, na cafetaría da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) do Campus de Lugo. Este programa de debate sobre cuestións de actualidade organizado polo colectivo universitario Proxéctate en Galego e incluído dentro da programación do Outono Cultural, contará nesta ocasión coas intervencións de Roberto Iglesias Rodríguez e Juan Antonio Corrales Ramón.
-
'Cando se fala hoxe en día de atopar a túa voz, penso que se fai referencia a unha certa maneira de ollar o próximo, de ollar o mundo', sinala o cineasta Álvaro Gago, quen situou no próximo, na contorna persoal, o punto de partida das curtametraxes que desenvolven co seu asesoramento nove estudantes de Belas Artes e Comunicación Audiovisual. O director de Matria é o responsable de impartir o obradoiro 'Cine rachado e consciente na praza do teu pobo'.
-
Trátase de 'O próximo baile, será comigo', de Sabela Losada Cortizas; 'Ofuscadas polo vicio da razón', de Yarama África; 'Non calarás', da Asociación Cultural Alexandre Bóveda; 'Altas luces', de Illa Bufarda; ' A historia vaxenial', de Artyc Content; 'Punto en boca. Costura e teatro', de Raquel García Crespo; 'As mulleres no xornalismo Galego: a crónica revelada', do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia; e 'A clase', de Mala Herba Producións.
-
A obra e traxectoria de Luis Seoane inspiran a primeira exposición en España do chileno César GablerA Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes inaugura a súa programación no presente curso cunha mostra na que o artista chileno César Gabler propón unha relectura da produción visual de Luis Seoane, partindo dunha serie de aspectos vinculados ao exilio, as vangardas e a cultura popular. Desenvolvida especificamente para esta sala, Ultramarinos Seoane é a primeira mostra en España deste artista e docente da Universidade de Finis Terrae de Santiago de Chile.
-
Este mes de outubro, as artes escénicas volven a ser as protagonistas da programación cultural de Ourense e fano da man da celebración do XVII Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO). O evento terá lugar do 16 ao 27 de outubro, principalmente na cidade das Burgas pero tamén en Celanova, e contará con 13 espectáculos de compañías galegas e foráneas. A programación foi presentada este mércores no Teatro Principal de Ourense por parte das entidades organizadoras, colaboradoras e patrocinadoras.
-
O Colexio de Fonseca acubilla ata o 16 de novembro a exposición 'Cantantes líricas galegas dos séculos XIX e XX. De Galicia aos teatros de Europa, América e África', que recupera a memoria de 23 mulleres 'extraordinarias, emprendedoras, valientes e protagonistas en moitos casos de éxitos internacionais', explicou o profesor de Historia da Música da USC Javier Garbayo na inauguración deste venres, que estivo presidida pola vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias, que puxo de relevo o carácter científico do proxecto
-
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) continúa cos actos de homenaxe ao matemático José Rodríguez, Científico Galego 2024. Esta mañá presentouse na facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago o libro 'José Rodríguez González (1770-1824). Un matemático sublime'. Nesta publicación, coeditada pola RAGC e o Consello da Cultura Galega, faise un repaso pola traxectoria profesional e vital deste persoeiro ilustre.
-
Un total de 3.334 lucenses participaron na XLVI Semana de Cine de Lugo, tanto nas proxeccións nas cinco sedes do Festival, en Aspnais ou nos Centros Penitenciarios de Monterroso, Bonxe e Teixeiro, como nas actividades especiais organizadas con motivo da Semana. A maior parte dos participantes acudiron ao Auditorio, onde se contabilizan 1.509 persoas nas seccións Oficial, infantil e O mellor do ano.