Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Notas

  • Videoarte en Movemento (VEM) en NORMAL
    Videoarte en Movemento (VEM) chega a Normal, o Espazo de Intervención Cultural da Universidade da Coruña. A furgoneta do VEM, que viaxará por España e Portugal ofrecendo unha programación de videoarte internacional ao aire libre e de carácter gratuíto, ten parada este 31 de xullo na UDC, en Normal. VEM é unha experiencia itinerante da creación visual en ambientes de transición e de paso, exhibindo un programa composto por obras de videoartistas internacionais.
  • Presentación de libros mariñeiros este sábado na Sala Bahía dentro do proxecto 'A pegada da pesca en Foz'
    'A pegada da pesca: cultura e memoria mariñeira en Foz' é un proxecto impulsado polo Concello de Foz para a obtención das axudas do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, a través do GALP A Mariña – Ortegal na convocatoria 2023. Este proxecto ten como principal obxectivo dar visibilidade á actividade mariñeira focense ao longo da súa historia, mediante a recuperación da memoria local dalgúns dos seus protagonistas.
  • Olimpita de Foz cumpre 100 anos
    Os actos, organizados polo Concello de Foz coa colaboración de Egeria, consistiron nunha sesión de homenaxe e unha exposición que, nunha ducia de paneis, percorre a vida e obra desta muller que cantou a Foz e ás súas xentes e, ao dicir do escritor Cesar Michelena, 'sorbió de Foz la inspiración más pura', viaxou por todo o mundo, e como funcionaria municipal tivo ao seu cargo os temas de turismo do pobo que leva décadas nos primeiros postos de atracción turística do país.
  • A Xunta reflicte o Lugo dos anos 70 a través das fotografías de Vega, na Biblioteca e Arquivo Histórico Provincial
    -A Xunta de Galicia expón unha escolma de fotografías de José Luis Vega que percorren a década dos anos 70 do pasado século, ofrecendo unha panorámica das xentes, o urbanismo ou a situación económica e social de Lugo naquela época. A mostra A cidade e as xentes prolongarase ata o mes de outubro e consta de dúas partes diferenciadas. A Biblioteca Pública Provincial rescata as imaxes relativas ao período 1970-1975, que hai un ano expuxera o Arquivo Histórico Provincial, mentres este acolle desde marzo as correspondentes á etapa entre 1975-1979.
  • A Xunta ofrece este verán 1.800 prazas de campamentos na provincia de Lugo
    A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, nunha visita co delegado territorial da Xunta, Javier Arias, ao albergue de Area, en Viveiro, destacou a oferta destas 1.800 prazas para rapaces de 9 a 17 anos. Nesta visita ao centro que albega 100 rapaces por quenda, entre eles 20 procedentes do Pais Vasco, dentro dos programas de intercambio, a representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destacou o compromiso da Xunta coa mocidade galega "cunha programación de calidade que é xa un referente en todo o estado e que ofrece posibilidades de ocio en todas provincias”.
  • O Corpus de Referencia do Galego Actual supera os 45 millóns de palabras e xa recoñece a gheada e o seseo
    O CORGA chegou á súa versión 4.1 acadando un total de 45.665.649 palabras ortográficas (54.737.277 elementos gramaticais), o que supón dous millóns e medio máis de vocábulos que os que incorporaba a versión 4.0, presentada a comezos de 2022. Trátase dun 'corpus pequeno pero cunha rica codificación, o cal contrasta con corpus noutras linguas de miles de millóns de palabras construídos a partir de Internet, pero cunha escasa codificación', explica a profesora da USC María Sol López Martínez, codirectora do proxecto xunto a Guillermo Rojo, profesor emérito da USC.
  • Un 'Mar Emerxente' que xurde do encontro entre ciencia e arte
    Ciencia e arte fusiónanse en Mar Emerxente, un proxecto que celebra a beleza e a complexidade dos océanos. Posto en marcha polo Campus do Mar dentro da súa iniciativa Scientists meet Artists, e liderado polo Centro de Investigación Mariña da UVigo, a proposta combina a creatividade de cinco artistas de prestixio internacional co coñecemento de cinco científicos e científicas do CIM-UVigo para crear esculturas inspiradas en diversos ámbitos das ciencias mariñas.
  • Crean un mapa dixital con todos os topónimos que aparecen nas cantigas profanas da lírica galego-portuguesa
    O Grupo de Investigación Románicas da Universidade de Santiago creou un mapa dixital con todos os topónimos que aparecen nas cantigas profanas medievais. A cartografía é froito do traballo dun equipo dirixido pola catedrática de Filoloxía Románica Pilar Lorenzo Gradín, e no que participan a historiadora Mariña Bermúdez Beloso e as filólogas Carmen de Santiago e Helena Bermúdez.
  • Especialistas en psicolingüística, sociolingüística e lingüística cognitiva de 13 países reúnense en Vigo
    Tras cinco edicións previas, celebradas en centros de referencia de todo o mundo, o congreso internacional Variation and Language Processing, VALP6, recala en Vigo. Organizado polo grupo Language Variation and Textual Categorisation da UVigo, este simposio reúne a especialistas de diversos campos como a psicolingüística, a sociolingüística, a ciencia cognitiva, a fonética experimental, a sintaxe e a pragmática que traballan sobre a relación entre a variación lingüística e o procesamento da linguaxe.
  • Presentada a nova edición do Resurrection Fest, que se celebrará desde o mércores en Viveiro
    Tivo lugar a presentación da nova edición do Resurrection Fest, a número 19 deste evento. A organización espera unha asistencia de máis de 120.000 persoas desde o mércores e ata o sábado, coa participación de preto dun centenar de artistas nos catro escenarios do recinto. Inclúe entre os seus nomes algúns referentes internacionais como Alice Cooper, The Offspring, Avenged Sevenfold, Bring me the horizon, Megadeth ou Bruce Dickinson.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información