Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A sexta edición do Luísa Villalta premia oito proxectos pola igualdade

O VI Premio Luísa Villalta a proxectos pola igualdade, convocado pola área de igualdade da Deputación da Coruña, repartirase este ano entre oito propostas, das 34 que se presentaron a concurso; recibirán 12.500 euros cada unha delas.

A deputada de Igualdade, Soledad Agra, presidiu un xurado no que foron vogais a técnica da Deputación Eva Ovenza, o sociólogo Adrián Gonçalves e a profesora universitaria Ana Belén García Freijeiro. Actuou como secretaria Manuela Muñiz, xefa do Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes da institución provincial.

Os proxectos premiados

• ‘O próximo baile, será comigo’, de Sabela Losada Cortizas. É un proxecto audiovisual innovador de acción-creación-investigación, que traballa sobre o apoio mutuo de vítimas de violencia machista a través dunha rede de testemuños de mulleres en contextos de violencia de xénero. Denuncia a falta de apoio social e institucional ás vítimas. Proxecto con gran impacto social e territorial, en coordinación co tecido asociativo e empresarial, que destaca pola súa transferibilidade. Recolle medidas específicas de accesibilidade universal.
• ‘Ofuscadas polo vicio da razón’, de Yarama África. O proxecto ten por obxecto crear un espazo seguro de encontro e expresión artística para mulleres migrantes e refuxiadas na provincia da Coruña en coordinación co ámbito cultural. Inspírase na propia obra de Luísa Villalta. Ten previsto realizar distintas actividades de lectura, escritura, eventos artísticos, etc. É un proxecto cun alto potencial de replicabilidade, xa que a súa metodoloxía é facilmente adaptable a outros contextos.
• ‘Non calarás’, da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, da Coruña. É un proxecto historiográfico de recuperación da memoria das mulleres cunha clara perspectiva feminista, que abarca diversos ámbitos de traballo (investigación, divulgación, exposición, publicación e rutas). Céntrase na cidade da Coruña, sendo un proxecto inspirador para outras vilas e cidades do territorio. Destaca a coordinación co tecido asociativo e educativo.
• ‘Altas Luces’, de Illa Bufarda. O proxecto contribúe á creación dunha historia da fotografía clásica galega diversa e plural. Ten unha clara vocación transformativa en busca dun cambio social que supere desigualdades, roles, crenzas, visibilizando as mulleres galegas fotógrafas ao longo da historia.
• ‘A historia vaxenial’, de Artyc Content. É un proxecto teatral sobre a representación cultural do corpo das mulleres ao longo da historia e como esta dá lugar a unha profunda desigualdade de xénero. Emprega a narración e o diálogo co público de maneira empática como mecanismo de catarse conexión e reflexión colectiva.
• ‘Punto en boca. Costura e teatro’, de Raquel García Crespo. É un proxecto de creación escénica e investigación que ten como base o oficio da costura como tradición, herdanza xeracional e medio de vida, e como tal, moi asentado nun territorio no que o oficio da costura marcou a vida de moitas mulleres da provincia. Utilizan o pasado e a tradición para entender a actualidade e mirar ao futuro. É un proxecto moi participado e colaborado por diferentes axentes do territorio e as propias protagonistas.
• ‘As mulleres no xornalismo Galego: a crónica revelada’, do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. O proxecto é a edición dun libro que reúne o legado das pioneiras do xornalismo galego e entrevistas con xornalistas, co obxectivo de rescatar, visibilizar e crear referentes. Ten capacidade de coordinación con entidades públicas de carácter educativo e alumnado. É moi interesante a posta en valor da contribución das xornalistas ao ámbito dos medios de comunicación.
• ‘A clase’, de Mala Herba Producions. O proxecto consiste na produción e distribución dunha curtametraxe que aborda o abuso de poder e o acoso nas escolas de arte dramática. O contexto do ámbito educativo no que se centra é fundamental para visibilizar este problema entre a xente nova. A capacidade de transferencia deste proxecto baséase na abordaxe dunha problemática global, que afecta a mulleres de todo o mundo.
Deputación da Coruña

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información