Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Notas

  • Santiago será a sede do primeiro congreso internacional sobre feminismos e humor
    O Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC participa na organización do primeiro Congreso Internacional sobre Feminismos e Humor ‘HumorSofías’, que se desenvolverá os días 7 e 8 de maio na facultade compostelá de Filoloxía. A inscrición no encontro, organizado ademais pola Universidade Complutense de Madrid e o Middlebury College con financiamento da Deputación da Coruña, é gratuíta ate completar aforo.
  • O teatro universitario retorna a Pontevedra coa XV Miteu
    Mostrar á cidadanía os resultados do traballo realizado ao longo do curso nas aulas teatrais dos tres campus da UVigo, á vez que achegar a cidade propostas escénicas chegadas desde outros países. Estes dous obxectivos conflúen na XV Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra (Miteu), que se desenvolverá entre o 24 de abril e o 3 de maio, con cinco funcións con entrada libre no Teatro Principal, todas elas ás 20.30 horas.
  • Volven as representacións internacionais á Miteu de Vigo
    Un mes de teatro universitario con representacións chegadas desde Galicia, León e Colombia. Así será a XXVI Mostra Internacional de Teatro Universitario de Vigo, Miteu 2024, un evento cultural co que a Universidade convida á cidadanía a achegarse ao campus e gozar do teatro universitario máis actual, tanto do que sae das aulas galegas como daquel que se forxa máis aló da nosas fronteiras.
  • A Cátedra do Camiño da USC estrea a maior base de datos con información de peregrinos a Compostela do s. XIX
    A Cátedra do Camiño e das Peregrinacións da USC, que xurdiu da colaboración da USC con Turismo de Galicia da Xunta de Galicia, acaba de estrear a Base de Datos de Peregrinos a Compostela (Badapeco), unha ferramenta dixital de consulta e traballo en liña que permitirá poñer en contacto a persoal investigador, docentes, universidades e centros de investigación interesados en estudar e achegar novos datos sobre peregrinas e peregrinos a Santiago de calquera época a partir de fontes bibliográficas e documentais.
  • A poeta palestina Rafeef Ziadah ofrecerá un recital no Paraninfo da Universidade da Coruña
    O paraninfo da Reitoría acollerá o vindeiro luns, 15 de abril, ás 20:00 horas, o primeiro recital na Coruña da poeta palestina Rafeef Ziadah. A súa poesía, dedicada á guerra en Palestina, estará acompañada da música en directo de Phil Monsour. O evento será de carácter gratuíto e está organizado pola asociación Pallasos en rebeldía e o Grupo de Traballo de Igualdade de Xénero da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña.
  • Chega a Compostela o XXII Encontro Universitario de Danza
    Un ano máis, e xa van vinte e dous, chega a vindeira semana a Compostela o Encontro Universitario de Danza (EUD), unha das actividades máis destacables e visibles do Espazo de Danza da USC que busca favorecer o intercambio cultural a través da danza e achegar esta disciplina artística ao resto da sociedade. A 22 edición do EUD acollerá os días 15 e 16 de abril, ás 20:30 horas no Teatro Principal, a presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e Santiago, baixo a dirección de Juan Carlos Zahera.
  • Play-Doc celebra a grandes cineastas na súa sección competitiva
    O Festival Internacional de Cinema Play-Doc, que celebrará a súa 20ª edición do 1 ao 5 de maio na cidade de Tui, Galicia, anuncia os filmes que conformarán a competición internacional desta nova entrega do certame, así como o xurado que outorgará os premios nesta categoría. Esta edición aniversario destaca pola participación de recoñecidos e celebrados cineastas cuxas obras se caracterizaron pola permanente procura estética e o risco formal.
  • O IX Findecurta vaticina 11 escenarios do 'Último día na Terra'
    Un total de 11 propostas cinematográficas compiten na novena edición do certame cinematográfico en lingua galega Findecurta, unha iniciativa promovida pola Área de Cultura da USC ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Deputación Provincial e Concello de Lugo, e cuxa temática convidou aos máis de 100 participantes inscritos a imaxinar o 'Último día na Terra'. Distribuídos nun total de 11 equipos, a parroquia do IX Findecurta gozou de pouco máis de 80 horas para materializar as súas propostas.
  • NORMAL inaugura nova exposición do artista Pablo Barreiro
    O mércores ás 19:30 horas terá lugar en Normal, o Espazo de Intervención Cultural da Universidade da Coruña, a inauguración da exposición 'HIC SUNT LEONES – Aquí están os leóns', do artista galego Pablo Barreiro. Barreiro establece un diálogo coa copia dos leóns que hai na entrada do parque do Pasatempo de Betanzos, dúas pezas que os irmáns García Naveira copiaron dos orixinais da basílica de San Pedro (Roma), feitos por Antonio Canova para o sepulcro do papa Clemente XIII (1759-1769).
  • Funeral en Paradela por Santiago Rodríguez, e entrega á familia do título de Fillo Adoptivo do Concello
    O próximo 16 de abril, martes, ás 18,00 h.,no centro multiusos de Paradela vai ter lugar o funeral por Santiago Rodríguez López, falecido o 19 de marzo en Bristol (Reino Unido). A continuación da ceremonia relixiosa, a familia vai recibir o título de Fillo Adoptivo de Paradela, concedido por unanimidade do pleno do Concello o 21 do pasado mes. Santiago Rodríguez era fillo do escritor Manuel Rodríguez López, que da nome ao Centro Cultural e ao Certame Literario do Concello de Paradela.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información