Teixeira, Mingos
General
Mingos Teixeira naceu en Vigo en 1955.
CURRÍCULUM
Artista autodidacta de marcado carácter personal, obsesionado pola cor e a composición que trata de aportar, dende plantexamentos investigadores e existencialistas, novos camiños expresivos e comunicativos da arte. Aínda que a súa obra é eminentemente pictórica, realiza tamén obra fotográfica, cartelismo, ilustración e deseño artístico.
É coñecido polo seu afán de achega-lo mundo da arte ós máis novos, mediante publicacións, artigos, conferencias, programas educativos e culturais, etc... actividade que o ten levado a foros internacionais da educación artística como o "4th International Congress of Educating Cities" en Chicago, como creador e coordinador do Programa Educativo "Escola e Arte".
Inicia a súa andadura artística en 1980 expoñendo no Premio "Francisco de Goya" de Madrid, realizando, dende entón, numerosos proxectos e exposicións. A súa obra está representada nunha ducia de museos e en coleccións públicas e privadas entre as que cabe destacar a Colección Thyssen Bornemisza ou a do Centro Unesco de Porto.
PREMIOS
1º Premio "Alliance Française"
1º Premio Internacional "Baixo Miño"
2º Premio "Fundación Villabrille"
1º Accésit "Entroido Vigo"
EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS
Madrid, Stuttgart, Ravenna, New York, Lisboa, Oporto, Sevilla, Santiago, Santander, Vitoria, Vigo, A Coruña, Oviedo, Valladolid, Ourense, Pontevedra, Alicante, Gijón, Cuenca, Valencia, León, Zaragoza, Barcelona, etc...
OBRA EN:
Museo de BB.AA. da Coruña, Museo de BB.AA. de Santander, Museo provincial de Pontevedra, Museo Municipal de Ourense, Museo "Quiñones de León", Museo de Valdepeñas, Museo Provincial de Lugo, Museo "F. Fernández del Riego", Colección Thyssen Bornemisza, Fundación "Monte do Gozo", Fundación Villabrille, Fundación "Engeniero Almeida de Oporto”, Pinacoteca Caixa Galicia, Pinacoteca Caixanova, Pinacoteca Caja Madrid, Universidade de Vigo, Deputación Provincial de Pontevedra, Xunta de Galicia e diversas coleccións privadas.
LIBROS PUBLICADOS
"Escola e Arte". Edita: Concello de Vigo.
"Arte para todos". Edita: Editorial Ir Indo.