Pasar al contenido principal

Seijas, Antonio

General

Categorías: 
Ilustración

ESTUDIOS
Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela (1994-1998).

BIOGRAFÍA
Colaborou coa revista Golfiño de La Voz de Galicia ao longo de 2003.
Ilustrou a revista Murguía e contribuiu ao catálogo da VII Bienal da Caricatura de Ourense en 2004.
Debuxou para o libro "Dos avogados e da xustiza, no sentir popular" de Alberto Pascual e foi seleccionado como finalista no certame “Na Vangarda-Banda Deseñada” da Xunta de Galicia (2004).
Participou no libro homenaxe a Joan Manuel Serrat (de edición de exemplar único), con autores como Forges, Cels Piñol ou Xaquín Marín.
Fixo tiras cómics en 2005 para a revista infantil “Iguana” (Arizona, Estados Unidos).
No apartado de exposicións, participou na "Memoria do humor" e na itinerante "Humor Crú", ambas do Museo do Humor de Fene, asi coma na exposición dos premios Curuxa, tamén na mostra "Convivindo con José Craveirinha".
Obras súas tamén se teñen incluído na exposición “Can de palleiro” da Asociación Galega de Profesionais da ilustración (AGPI). Realizou o arte gráfico para o album "Firebird" do grupo noruego Gazpacho.

EXPOSICIÓNS
2005. Cómic exposto no Salón do Cómic da Coruña “Viñetas desde o Atlántico”.
2005. Dous cómics expostos na XVII edición das Xornadas de Banda Deseñada de Ourense.

PUBLICACIÓNS
Catálogo “Viñetas desde o Atlántico 2005”.
Ilustracións para a revista “Más Allá”.

PREMIOS
No 1994: 2º Premio no concurso de cómic da revista cultural ferrolá "Desafío".

No 2004:
. Accésit no concurso de BD "O Alfaiate", A Coruña.
. Premiado no VII Concurso de Caricaturistas Noveis dentro da VII Bienal de Caricatura de Ourense.
. Finalista do concurso de cómic da Xunta de Galicia “Na Vangarda 2004”.
. Accésit no VII Concurso de Cómic "Alcazul Tomelloso".

No 2005:
. 2º Premio no concurso de BD “O Alfaiate-Empuje.net”, A Coruña.
. 1º Premio no concurso de cómic “Ciudad de Dos Hermanas” (Sevilla).
. 3º Premio no concurso de cómic “Mari Puri Express” do concello de Torrejón de Ardoz.
. 2º Premio no X Certame de banda deseñada de Arteixo.
. Gañador do Primeiro certame de Relatos Curtos Ilustrados, organizado por Espacio Sins Entido - Escola De Letras.
. Finalista do Primeiro certame de cómic Castelao organizado pola Deputación da Coruña e Miguelanxo Prado.
. Finalista do concurso de cómic da Xunta de Galicia “Na Vangarda 2005”.

E-mail: antonio_seijas@hotmail.com

Galerías

Galería
  • Ilustración