Josefa Lombao Ferro naceu en Outeiro de Rei (Lugo), o 19 de setembro de 1957.
FORMACIÓN:
1987. Graduada en Artes Aplicadas na especialidade de Cerámica, en Lugo.
1989. Curso de Metodoloxía Didáctica no Centro de Formación Ocupacional do INEM, en Lugo.
1991....
Abeleiro
General

Abeleiro naceu en 1956 en A Coruña.
CURRÍCULUM
Dende moi neno practicou moito o debuxo a instancias de Rafael Álvarez, tío político do seu pai, un consumado artista azabacheiro e restaurador do Museo do Prado. En 1980 traballa en Deseño e Montaxe no departamento de Arte e fotocomposición editorial dunha empresa importadora en Barcelona. Durante unha fructífera etapa en Artes Gráficas axuda a J.Farró, un dos ilustradores catalanes do cómic e discípulo de Ibáñez, na ilustración de tarxetas postais. En 1988 establécese en Sotrondio, en plena cuenca mineira asturiana do Nalón, e sería Luís García Bernardo, da Escola de San Fernando, de quen toma leccións inestimables no seu estudio. En 1990 en Potes (Cantabria) experimenta con acrílicos, desconchados e novos formatos. Aindaque sin renunciar ó óleo; o acrílico, iría calando máis na técnica de arte paisaxista, de cara a ofrecer ó público un traballo rápido e eficaz. Céntrase na arte para a hostelería lebaniega realizando pinturas e vidreiras para casas de turismo rural. Toma valiosos apuntes paisaxísticos percorrendo lugares pintorescos como Polaciones, Tudanca, Cabezón de Liébana, o bonito Valle de Camaleño, Cillorigo, Pesaguero, a maravillosa Vega de Liébana, Lamasón, Peñarrubia ou Rionansa. A sala principal de exposicións da Fundación Fredo Árias de la Canal de Frente de Afirmación Hispanista A.C. de México (FAH) sería o marco para a súa primeira exposición individual. A luz reflexada na pedra, as covas con osos, as oquedades e paisaxes, serán os temas predominantes da súa exitosa exposición titulada "De la obscuridad a la luz...", que foi ampliamente visitada e teletransmitida pola TV Cántabra. En 1996, comeza unha tranquilizante época pero chea de moito traballo. A paz que respira en Caldas de Reis (Pontevedra) fai que esta vila chegue a ser para él como o seu "Arlés personal" e disfruta como nunca da compaña doutros artistas pero moi especialmente do escultor e escritor Xoan Domato Castro do que agradece a súa estreita colaboración e de terlle encargado varios retratos á cera de personaxes ilustres da Vila. A comezos do 1998 empeza en Astorga (León) a deseñar en 3D as súas paisaxes virtuais e surxe o "Espiculaismo" un estilo pictórico-dixital no que entremezcla longas luces ou sombras en forma de espiñas dimensionais no conxunto do espazo volumétrico que lle daría linguaxe á súa obra pero que abandona máis tarde centrándose "no seu", que é a paisaxe impresionista, pero sen abandonar por elo as novas técnicas do net-art. Na actualidade é presidente da Sociedade Artística Galega (AACA) realizando exposicións conxuntas e individuais.