Trastoy, Jesús
General
Jesús Trastoy naceu en 1941 en Vilalba (Lugo).
CURRÍCULUM
Casado e con dous fillos, foi un deses nenos da posguerra que naceron e medraron na Porta de Cima e sempre xogaron e corretearon preto do Castelo dos Andrade.
De formación autodidacta, este home traballador comezou a súa vida laboral no mundo da construción, que interrompeu para cumprir coas obrigas militares. Tras deixar atras eses anos, ingresou en Telefónica no ano 1966, por oposición, xa que daquela era unha compañía estatal.
Cada vez que tiña que viaxar por motivos profesionais, Xesús preocupábase de localizar as mostras de pintura que atopaba abertas nas cidades que visitaba. Daquela época conserva a súa predilección polos clásicos, especialmente Goya e Zurbarán. Máis de trinta anos despois (en 1999) acadaba a prexubilación en Telefónica. E a pintura foi para el neses intres unha válvula de escape, un entretemento e una motivación.
Na súa carreira como pintor artístico, Xesús deuse a coñecer mediante exposicións e concursos. Exposición no Colexio Fingoi de Lugo no 2002, exposicións no Auditorio Carmen Estévez...
Participou en certames de pintura en Burela, Santiago, Begonte... Foi finalista en varios certames como no II Concurso de pintura de Santiago.
O seu obxectivo é mellorar pouco a pouco no ámbito da pintura e sobretodo seguir disfrutando con ela.