CURRÍCULUM
Comeza a súa carreira artística ós 14 anos. Ós 15, recibe varias mencións especiais, en concursos de pintura realizados ó aire libre, así como algún premio en metálico.
Ós 16 anos preséntase a tres concursos de pintura ó óleo, obtendo o primeiro premio no Certame de Artes...
Abad Lamas, Mª Inés
General
María Inés Abad Lamas naceu en Santiago de Compostela o 3 de Marzo de 1975.
CURRÍCULUM
A súa traxectoria artística iníciase no ano 1991/92 dentro dun taller de pintura. No ano seguinte 1992 incorpórase na Escola de Artes Plásticas Mestre Mateo, estudiando decoración e Arte Publicitario na especialidade de Deseño de Interiores. Preparouse tamén no campo do Deseño Gráfico e Marketing en Madrid. Actualmente o campo laboral no que se move é moi amplo. Exerce a docencia no campo do Debuxo Artístico, Pintura, escuperalismo e Merchandising. Elabora a imaxe corporativa de empresas que se introducen no mercado. Participa en Certames de Artes Plásticas. Dende 1995 hasta a actualidade realiza exposicións individuais e colectivas que ata agora todas foron realizadas dentro do territorio autonómico Galego. Na actualidade ten solicitada a sala do Departamento de Familia Muller e Xuventude para realizar unha exposición.
OBRAS
"A Cascada Ponte Maceira". Hostal dos Reis Católicos. Santiago de Compostela.
"O Camiñante". Hotel Husa (Santiago de Compostela).
"A Paisaxe Galega". Hotel Virxe da Cerca (Santiago de Compostela)
Imaxe Corporativa de Empresa de Azafatas.
Imaxe Corporativa de Empresa Dlude Perruqueiras.
Ten participado no Certame XIII de Artes Plásticas.
Doación de varias obras, para a axuda do siniestro do Prestige -exposición- Edificio Unión Fenosa da Coruña.
Participa nos talleres ofrecidos en C.G.A.C. de Santiago como oínte.