Eugenio Otero Rodríguez, Garmendia, naceu en Lugo no ano 1961.
CURRÍCULUM
Escultor autodidacta que inicia as súas actividades artísticas en agosto de 1993.
1996. Fundación Sotelo Blanco, Santiago de Compostela. Círculo das Artes, Lugo...
Tachibana, Yoshiro
General

Yoshiro Tachibana naceu en 1941 en Sanda, Kobe (Xapón). Morreu o 17 de xullo de 2016.
FORMACIÓN
1959. Aprende pintura co seu pai tamén pintor. Interésanlle Cezanne, Van Gogh, Matisse e Rouault 1962. Vai a Tokio a estudiar na Escola de Belas Artes. Emociónase coa obra de Klee.
CURRÍCULUM
1963. Funda a peña flamenca "Nana" en Tokio. Alí coñece a artistas españois de flamenco. 1968. Forma parte do grupo de pintores xaponeses “Bandera Negra” e realiza varios Happenings en contra da guerra de Vietnam. 1969. Viaxa a Europa visitando Rusia e os países escandinavos e chega a España. Fica en Madrid, e máis tarde percorre moitos pobos de España. 1971. Viaxa a Hamburgo (Alemaña) onde se interesa polos pintores alemanes contemporáneos. 1972. En Kiel (Alemaña) coñece obras de Nolde. 1973. Chega a Oslo (Noruega). Acude á clase de debuxo na Escola de Arquitectura e coñece obras de Munch. Debuxa moitas paisaxes nórdicas. 1974. Regresa a España e decide establecerse nun pequeno porto pesqueiro, Muxía, na Coruña. 1975. Empeza a expoñer a súa obra nas cidades galegas. Coñece artistas galegos como Tomás Barros, Prego, Virxilio, Buciño, Pousa e X. Moreda. 1981. Viaxa a Xapón para expoñer en Tokio (Ginza Matsu-zaka-ya) e axiña regresa a España. 1984. A súa obra é elixida para a "Expo Cultural Xapón 84" na Coruña. Interésase por temas místicos, estudia mandala budista. 1985. Recibe a visita de Laxeiro. 1986. Volta a Xapón para expoñer no concello de Kobe. 1987. Realiza outra exposición no concello de Sanda, e marcha a Sri Lanka para coñece-lo mundo do budismo primitivo. 1988. Volta a España e comeza a estudiar pintura primitiva e iconografía medieval. 1998. Expón de novo no concello de Sanda (Xapón), na Coruña e Vigo. 2001. Vai a Xapón para unha exposición conxunta co seu pai (Nakaba 1902-2000). 2004. Vai a Xapón para expoñer no Museo Kurita (Xapón).