Pasar al contenido principal

Formoso, M

General

Categorías: 
Pintura

 
Carmen Formoso Lapido naceu en Monte Alto, A Coruña, en 1940, cidade onde reside.  
 
CURRÍCULUM
Comeza a súa andadura polo campo da pintura na adolescencia. Ós 14 anos comercializaba postais á acuarela e azulejos ó óleo. Estudia o Bacharelato e Maxisterio. Sacou ás Oposicións e exerceu o Maxisterio na Ensinanza Pública dende o ano 1963 ata a súa pre-xubilación voluntaria pola LOXSE. Diplomada en Belas Artes. Licenciada en Filosofía e en Pedagoxía, escritora, poeta e pintora. No ano 1961, o organismo competente Provincial do Ministerio de Educación, premia os seus debuxos didácticos referentes ó Ano Santo Mariano e con eles fai a súa primeira exposición en A Coruña (No edificio “La Terraza”). O Ministerio de Educación e Ciencia outorgalle a Especialidade Didáctica en Debuxo e Plástica, que a autoriza a imparti-la docencia da especialidade.
En 1970 cursa Belas Artes. En 1975 recibe clases do Académico e catedrático de Arte Tomás Barros, durante dous anos consecutivos. Neses anos profundiza no impresionismo e expresionismo. Estudia Técnicas de Creatividade e Expresión no ICE, Santiago de Compostela, durante tres anos consecutivos. En 1990 obten o primeiro premio en Contos Infantís Ilustrados, en A Coruña. En 1995 ilustra a portada do libro “Carmen, Carmiña, Carmela”. Na actualidade traballa con diferentes técnicas: óleos, acrílicos e tintas. Colabora co Encargado de Cultura do Sporting Club Casino, o recoñecido pintor internacional D. Gerardo Porto.  
 
ÚLTIMAS EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS
1995.- Exposición permanente en el Hábitat de Pilar Páramo, A Coruña.
1996.- Canarias. C. G.
1996.- Casino. La Coruña.
1997.- Sala. Tarragona
1997.- Barcelona. C. G.
1998.- Museo Municipal. Berga.
1998.- Sala. Cadaqués.
1999.- Vinoteca. La Coruña.
1999.- Sala. Tarragona.
2000.- Casino. La Coruña.
2000.- Sala. Vivero.
2001.- Centro UNESCO. Oporto (Portugal)
2001.- Galería. La Coruña.
2002.- Asociación de Artistas. La Coruña.
2002.- Sporting Club de La Coruña.
2003.- Sala de Arte de la Librería Lello. Oporto. Portugal.
2003.- Exposición en Salas Magestic (Portugal)
2004.- Exposicións itinerantes por el territorio portugués.
2007.- Exposicións retrospectivas en varias cidades.
 
OBRA EN:
Canarias: C. G. (Las Palmas) e varios Concellos.
Cataluña: Barcelona C.G.- Tarrasa, Sala.- Berga, Concello, Museo e coleccións particulares.
Galicia: A Coruña: Sporting Club; Vinoteca “O Carro” e coleccións particulares.
Portugal: Oporto: Centro UNESCO; Cámara Municipal; Biblioteca Municipal; Fondo de Arte do Dr. Mario Cruz de la Rocha; Fundación Eng. Antonio de Almeida... E coleccións particulares.
Puerto Rico: San Juan de Puerto Rico: Casa de España e coleccións particulares.
Málaga: Galería de Arte Pablo Ruiz.
Limita as súas exposicións a: Galicia, Portugal, Cataluña e as Islas Canarias.   

Críticas

Crítica

Resulta propicio para replantearse lo que consideramos la esencia de lo que nos rodea.

José Aguilar, xornalista.

Se trata de una pintora singular, diferente, rabiosamente personal, un ser humano que no ha cedido a la comercialidad de la pintura y supo seguir con su vocación y hacer de...

Galerías

Galería 2
  • Pintura

Galería 1
  • Pintura