Eugenio Cabaleiro Álvarez, naceu en Redondela en 1934. Actualmente reside en Vigo.
Sempre sentíu grande sensibilidade pola arte, especialmente pola pintura, pero tivo que empezar a traballar moi novo, por motivos de economía familiar, foi a partir da súa prexubilación ós 58 anos que puido...
González Rodríguez, Carmelo F.
General
Carmelo Francisco González Rodríguez naceu o 27 de xaneiro de 1897 en Ferrol (A Coruña) e morreu o 24 de novembro de 1954.
CURRÍCULUM
O seu pai era contramestre da Armada, profesión que quixo que seguise o seu fillo, pero Carmelo se deixa levar pola vena artística da familia materna.
Carmelo queda orfo de nai a curta idade, e vive un tempo cunhas tías, apelidadas Calderón de la Barca, e coñecidas popularmente como "Las Calderonas".
O primeiro debuxo que se conserva de Carmelo foi feito con sete anos, representando un crego e un monaguillo levando o viático, debuxo que denota a facilidade innata para o debuxo que o caracterizou. Con catorce anos realiza as súas primeiras obras ó óleo nunha tempada que vive en Monforte de Lemos.
Ós 16 anos cumple o servizo militar en Bañolas (Xerona) e a partires dese momento vive independente da súa familia.
Colabora con distintas revistas onde realiza ilustracións, como "Juventud" y "Fenicia" en Ferrol ou "Marineda" na Coruña onde empeza a intervir dende o número en que esta revista critica a súa obra presentada no Salón da Pintura de 1922. Colabora tamén na revista "Maruxa", editada en Ferrol, onde se atopan tamén traballos do pintor Bello Piñeiro a partir de 1926.
Deseña a placa dedicatoria que entregou o Real Coro Toxos e Froles a Curros Enríquez en 1932. Deste coro será presidente durante 25 anos, durante os que promoverá innumerables actividades que levarán ó Real Coro á obtención da Cruz do Mérito Naval.
Deseña a medalla de ouro da cidade (Ferrol) que será entregada a Franco. Tamén diversos pergameos ofrecidos en homenaxe a outras tantas personalidades como a Lorenzo Barrio, Jesús Querejeta, Millán Astray, Francisco Moreno ou Juan Bautista Aznar.
O seu carácter social lévao a intervir en grupos musicais ferroláns, onde chegou a ser presidente da Tuna Ferrolana e do Real Coro Toxos e Froles dende 1931 e durante vintecinco anos, co que realizou xiras por toda España
Ainda que Carmelo é máis coñecido pola súa pintura ó óleo, traballou tamén a acuarela, como se pode apreciar nuns proxectos que realizou para a ornamentación da Igrexa do Pilar de Ferrol. Tamén pintou ó gouache as súas últimas obras que se refiren a temas alegóricos e de lendas galegas, como "A Santa Compaña", "Noitebrega", "Xubileo Compostelán" ou "Estadea", sendo esta a última produción da súa vida. Destacou asimesmo no debuxo a plumiña onde da unha lección maxistral de debuxo e destaca a súa aguda observación da rica arquitectura popular galega, xunto a debuxos de ermidas, igrexas ou conventos, debuxa hórreos, cruceiros, pontes ou casas. Algúns destes debuxos foron utilizados para realizar una guía sobre os arredores de Ferrol que non chegou a publicarse, pero que existe en forma de maqueta.
EXPOSICIÓNS
Realizou a súa primeira exposición no Segundo Salón da Coruña, en 1922, onde recibe unha calurosa crítica que aparece na revista "Marineda", na que máis tarde colaboraría. Sotomayor criticaría favorablemente as súas obras.
En 1923 realiza a súa primeira exposición individual, esta vez en Vigo, nos salóns do "Nuevo Club", tamén aquí recibe boa crítica, incluíndo de novo a Sotomayor.
En 1924 volve a expoñer na Coruña, no Círculo de Artesanos, e por primeira vez expón tamén en Ferrol. Este ano recibe o eloxio de D. Eladio Rodríguez González, presidente da Real Academia Galega.
En 1925 Carmelo participa na III Exposición Rexional de Pintura no Ferrol. Ese mesmo ano entrega un pedido de cadros para o Buque Escola Galatea, entre eles: "Dantesco", "Crucero de Canido" e "Quietud", que acompañarán ó barco nas súas singladuras.
En 1926 expón en Vigo, no Salón do Automóvil e na Coruña no Círculo de Artesanos.
En 1927 expón no Círculo Mercantil de Ferrol onde presenta 24 cadros, que se expoñen con 5 esculturas de J. Balás.
En 1928 Carmelo envia varias obras a Madrid, para a Exposición de Arte Galego que se celebraría no Palacio do Retiro. Tamén ese ano expón en Barcelona nas Galerías Layetanas, onde recibe a visita de D. Francisco Cambó, quen lle compra varios cadros.
En 1929 Carmelo pretende expoñer en Londres para o que prepara algunhas maquetas e traduce varias das críticas recibidas, e monta un catálogo coa efixie de Candelas (a súa dona) de portada. Esta exposición non chegou a celebrarse.
Ese ano Carmelo é elixido presidente do Real Coro Toxos e Froles.
En 1930 expón en Ferrol e no Círculo de artesanos da Coruña, onde presenta 48 cadros.
En 1935 expón no Casino de Ferrol e en Madrid na Agrupación Castro Gil.
En 1938 expón na Coruña na Asociación de Artistas.
En 1940 expón en Ferrol, no Casino Ferrolano, con 41 cadros e en Vigo.
En 1941 viaxa ás Illas Canarias, para expoñer no Excmo. Cabildo Insular, en Las Palmas, e en Santa Cruz de Tenerife.
En 1942 Carmelo presenta 27 obras na Exposición Provincial de Arte de Educación e Descanso, na Coruña. Ese ano deseña a Medalla da Cidade e o pergameo conmemorativo entregado ó Xefe do Estado, D. Francisco Franco.
En 1943 expón no Casino de Salamanca.
En 1944 expón 43 cadros en León no Tenis Clube Peñalba e en Oviedo na Casa de Galicia, onde expón outros 43 cadros.
En 1945 expón en Zaragaoza onde presenta 40 obras.
En 1946 expón na Coruña na Asociación de Artistas onde presenta 46 cadros.
En 1947 surxe o proxecto de expoñer en La Habana, proxecto que non se chega a materializar. Ese ano Carmelo volve a exponer en Ferrol, no Casino Ferrolano, onde presenta 63 cadros.
En 1948 expón en no Casino de Elxe, con 56 obras; expón en Alicante onde coñece ó pintor de Jacarilla, José Gálvez Roch (1905-1991) con quen traba amizade e ó cal organiza unha exposición en Ferrol, e finalmente en Cartagena, onde presenta 73 cadros, con unha grande acollida, e onde o cronista local, D. Vicente Ros lle dedica unha emocionada crítica
En 1949 expón no Concello de Alcoy (Valencia), presenta 83 cadros, e finalmente na Coruña, na Exposición Provincial, onde presenta 4 cadros e onde Carmelo recibe o premio especial.
En 1950 expón en Ferrol, na exposición de Pintores Ferrolanos, colectiva a beneficio das cofradías da Santísima Virxe das Dores. Ese mesmo ano expón en Las plamas, no Museo Canario, 39 cadros, en Tenerife, no Círculo de Belas Artes 50 cadros, no Casino de Badajoz 45 cadros, no Concello de Almendralejo 39 cadros e en Cáceres.
En 1951 expón no Círculo de Belas Artes de Bilbao, onde presenta 50 cadros, e nas salas municipais do Concello de San Sebastián 50 cadros.
En 1952 expón na Xunta Local de Turismo de Santiago de Compostela con 58 cadros, e en Las Palmas, na I Exposición de Pintura Galega, con Sobrino e outros pintores. No Circulo Mercantil de Pontevedra presenta 59 obras.
En 1953 expón no Ánfora Clube de Arte de Xerez da Fronteira, con 27 cadros, tamén no Nuevo Club de Tanger con 34 cadros, na Delegación de Cultura en Tetuán, expón 76 obras e finalmente en Lérida, a súa última exposición en vida.
Carmelo González morre o 24 de Novembro de 1954.
Como exposicións póstumas, en Ferrol en 1972 en homenaxe a Máximo Ramos, xunto a obra de outros pintores ferroláns. En Vigo na Caixa de Aforros de Vigo. Finalmente na Coruña e Vigo co gallo da exposición de Pintores Ferroláns falecidos patrocinado pola Excma. Deputación Provincial da Coruña.