Pasar al contenido principal

Sampayo Montenegro, Eduardo

General

Categorías: 
Pintura

Eduardo Sampayo Montenegro naceu o 18 de maio de 1973 en Lugo.

 

Dende que é consciente sempre sentíu fascinación pola expresión gráfica.

Os seus maiores tesouros de pequeno foron os tebeos e libros ilustrados dende Mortadelo e Tintín ate os clásicos ilustrados das edicións Toray que ían caendo nas súas mans polo nadal e nos seus cumpreanos.

As súas primeiras clases de debuxo artístico foron no Instituto Mixto Xoan Montes, onde tivo a inmensa sorte de ter como profesor a José López Guntín un gran pintor e unha gran persoa que lle aprendeu a debuxar e fomentou a súa afición pola arte figurativa e os retratos.

Con trinta e moitos anos vivíu unha tempada en Salamanca onde por casualidade topou coa academia de pintura de Clara Lurueña Miguel onde aprendeu a perfeccionar a súa técnica de debuxo artísitico e a importancia da luz e a cor na pintura.

No ano 2011 volve a Lugo e tamén por casualidade deu coa academia de Antonio García Durán e aló, case de modo natural, pouco a pouco empezou a traballar sobre conceptos de pintura abstracta e contemporánea.

En 2014 organizou a súa primeira exposición no bar 'A Casa das Cores' e posteriormente foi invitado no 2016 a participar nas exposicións colectivas 'Achegando Disparidades' no Museo Interactivo Histórico Lucense e na Exposición Colectiva de Artistas Galegos celebrada no Mosteiro de Samos.

A súa querida prima, Luisa Paz Montenegro, invitouno á exposición colectiva 'Soños' na sala 'La Ferretería' onde espuxo unha pequena obra 'Soño do Gánxes'.

En febreiro de 2017 ten a súa primeira exposición individual “Alboradas de Metal” na sala 'La Ferretería'.

No futuro espera seguir explorando o campo da abstracción e o expresionismo abstracto, e compartindo co público a súa paixón pola arte.

 

FORMACIÓN ACADÉMICA

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 1999.

Especialista Universitario na Unión Europea pola Universidad de Santiago de Compostela e o Centro Europeo Atlántico ano 1999.

 

FORMACIÓN ARTÍSTICA

Debuxo artístico na academia Clara Color de Salamanca (anos 2006-2011).

Pintura abstracta na academia Antonio García Durán Lugo (desde 2011).

 

EXPOSICIÓNS

2013. Exposición de obra en A Casa das Cores, Lugo. https://www.facebook.com/A-Casa-Das-Cores-Lounge-Bar-158881050840885/

2016. Exposición colectiva Achegando Disparidades. Museo Interactivo Histórico Lucense MIHL.

2016. Exposición colectiva de artistas galegos Samos 0.1 no mosteiro de Samos.

2016. Exposición colectiva Soños na Ferretería Eventos.

2017. Exposición individual Alboradas de Metal na Ferretería Eventos.

Galerías

Pintura
  • Pintura