Pasar al contenido principal

Pestana, Baldomero

General

Categorías: 
Fotografía
Categorías: 
Pintura

 
Baldomero Pestana, naceu en Pozos, Pena, Castroverde (Lugo) o 1 de xaneiro de 1918. Faleceu o 7 de xullo de 2015.
 
CURRÍCULUM
Fillo da emigración, marchou a Bos Aires ós catro anos. En 1923 a súa familia estableceuse en Arxentina e alí se formou persoal e intelectualmente. Dende ben neno destacou por unha grande afición pola literatura, pola historia, pola música e polo debuxo. Actividades todas que en maior ou menor medida ó acompañaron toda a vida. Nesa cidade iniciou a súa actividade como fotógrafo profesional, primeiro de prensa e despois artístico.
En 1957, alonxándose da dictadura decide emigrar ó Perú, onde tempo adiante adquiriu a nacionalidade peruana sen perder a de orixe. Durante a súa estadía en Perú percorreu o país e fixo reportaxes para as revistas FANAL Y CARETAS das que era colaborador habitual. A súa actividade fotográfica en Lima foi moi amplia: traballos para UNICEF, ONU, INTERNATIONAL PETROLEUM COMPANY e para as revistas TIME, LIFE e ESQUIRE. O seu traballo profesional no campo da publicidade foi amplo e incluiu traballos para a axencia McCANN-ERIKSON. Foi fotógrafo oficial do suplemento do diario oficial do Perú.
A súa actividade artística centrouse nos retratos de pintores, escritores e persoalidades políticas do Perú: Ciro Alegría, Vargas Llosa, Arguedas ou Pablo Neruda. Culminando con esa etapa, realiza a súa primeira mostra individual no Instituto de Arte Contemporáneo de Lima (1966). En 1967 trasladouse a París, onde continuou a súa labor fotográfica, e moi pronto se volca na súa grande paixón dende neno: a pintura. Vendo o traballo doutros artistas deulle ánimo para amosar os seus debuxos, coincidindo co gusto da moda polos hiperrealistas, o que despois deuse en chamar fotorrealismo. As dúas correntes eran esencialmente americanas, pero nos seus debuxos había sempre un certo aporte europeo que lle valeu para ter éxito rapidamente.
Traballou sempre con documentos tomados por el, e a súa técnica acomodouse perfectamente á súa forma de ver fotograficamente ós temas. Os debuxos fainos a lápis, sencillos lápices de grafito, sobre papel 'bristol'. Os temas que con máis frecuencia se abordan son ós do Perú, marxinados, emigrantes, refuxiados. Xentes das rúas de París, acompañados de naturezas mortas. O silencio do branco 'dialoga' co negro do lápis.
En abril de 2013 o Concello lucense de Castroverde noméao Fillo Predilecto.
 
PRINCIPAIS EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS
1979. Bruselas. Galería Fred Lanzenberg.
1979. París. Galería Etienne de Caussans.
1981. París. Galería Etienne de Caussans.
1982. Lima Galería Camino Brent.
1982. Rijeka (Yugoslavia) Bienal Internacional de dibujo.
1984. Seúl (Corea del Sur) Chosun Art Galery.
1984. Art Gallery de Washington: 40 Artistas de América.
1985. Copenhague (Dinamarca) Galería Nicola: Paris Tour-Retour.
1986. Bologne (Italia). Galería del Vicolo Quartivolo.
1987. Chamalieres (Francia). Galería de Arte Contemporáneo de Chamalieres.
1988. París. Galería Braun Vega.
1988. Seúl. (Corea del Sur). Olimpiade des Arts.
1991. Pau. Galerie Henry.
2008. Lugo. Museo Provincial de Lugo.
 
PRINCIPAIS EXPOSICIONS COLECTIVAS
1977. *Grands et Jeunes d'aujourd'hui. Grand Palais, Paris. *Travaux sur papier Villaparisis. France.
1978. *XXVI Salón du dessin et de la peinture à l?eau, Grand Palais. Paris. *Salon de Montrouge. *Foire dàrt actuel. Palais des Beaux-Arts, Galerie F. Lazenberg, Bruxelles. *Grands et Jeunes d`aujourd`hui, Grand Palais. Paris. *Tours Multiple 78, Tours. France
1979. *Peindre et le réal. Musee de Chartres. *Salón de Montrouge. *Grands et Jeunes d'aujourd'hui, Grand Palais. Paris. *L'art Vivant à Paris. Mairie annexe du XVIII arrondissement.
1980. *Les ateliers Imaginaires. Mairie annexe du V arrondissement. *Peindre et le réel. Musée de la Saintre-Croix. Poitiers. France. *Salon de Montrouge. *Grands et Jeunes d`aujourd'hui, Grand Palais. Paris. *Salón Marcel Pouvreau. Ville de Dammarie-Les-Lys.
. *Centre d'action Culturelle de Mâcon, France. *Figurations Actuelles Salle Pablo Neruda, Haulchin-France. *Salón de Montrouge. *Grands et Jeunes d'aujourd'hui, Grand Palais-Paris. *Salon L'art Vivant à Paris. Mairie annexe du XVIII arrondt, Paris. *MJC Les hauts de Belleville (Paris). Realismes et imageries. *Musèe de Castres (Francia). Hommage a Jaurès.
1982. *Salon Le dessin dans les pays Bolivariens. Ambassade du Venezuela (Paris). *Artistes du Troisième Monde U.C.J.G. Paris. *Salle Pablo Neruda, Haulchin (France). *Grands et Jeunes dàujourd^hui.Grand Palais-Paris. *Biennale Internationale du dessin, Rijeka-Yougoslavie. *Art vivant à Paris. *Salón lÀmérique Latine à Paris. Grand Palais. Paris. *Centre Culture Chelles. Attention aux détails.
1983. *Salón Figuration Critique. Grand Palais. Paris. *Realismes et Imageries, Thonon-les-Bain. France. *Hommage au Corps. Galerie Loubie. Paris. *L`Art vivant à Paris. Galerie Chosun Art Galery, Seoul-Coree du Sud. *Grande Galerie (Paris). Realismes et Imageries.
1984. *4 artistes Paris- Seoul Chosun Art Gallery Seoul Coree du Sud *40 artists of the Americas. IDB Association Art Galleru. Washington D.C. *Salon Grnads et Jeunes d`aujourd`hui. Grand Palais. Paris. *Salon Figuration Critique. Grand Palais. Paris.
1985. *Fet-Art Exposition de groupe dans la galerie de L'Espace Latino-Americain. Paris. *Paris Tour-Retour. Exposition de groupe. Galerie Nicolaj. Copenhague. *Du côté d`ailleurs. Exposition de groupe, refectoire de Jacobins-Toulouse. *15 dessinateurs, Galerie de l`Art Contemporain- Chamalières. *Musèe et Centre d´art contemporain Prince Murat Presles (Francia). 40 artistes regardent Victor Higo. *Galería Alfa (Belgrado). Le retour de la miniature.
1986. *Galerie Alain Blondel (Paris). Clasicismes et realismes au present. *Festrival d´art contemporain 86 international. Clemont Fd. Aulnat. *Galeria del Vicolo Quartivolo (Bologne-Italia). Figuracione e non figuracione. *Grand Palais (Paris). Figuration critique. *Grand Palais (Paris). Grands et jeunes d´aujourd`hui.
1987. *Maurie du VIª Arrondissement (Paris). Peintres et sculpteurs péruviens a Paris.
1988. *La maison des Jeunes et de la Cultura. (Paris). Les hauts de Velleville. *Salles d´exposition du théâtre municipal Ville de Brive (Francia). Salon d´octobre.
1989. *L´art à L´ecole. Paris *Lisieux. L´espace Victor Higo (Paris). Pintures comme ça... *Espace Lamartine (Paris). Revelations 89 *Espace Pierre Cardin. Paris *Galeria Greca (Barcelona). Le Dessin
1990. *Lons le Saunier.-Jura. Art contemporain *Toulouse (Paris). Lártcontemporain *Biblioteque Nationale, Galerie Monsart (Paris) Couleurs de la vie. Participou en outras moitas exposicións colectivas en Francia, Dinamarca, Yugoslavia, Washington, España...

Críticas

Crítica

Unha ventana que da ó ceo, muros roidos de lisuras e mensaxes amorosos, beatas afogadas en velas e incenso, desnudos crepusculares, erbas para sanar o corpo e a alma e urdir sombríos maleficios, tolos, escritores, mendigos, muchedumbres mouradas, idolos e chozas e bolsas de totora, paisaxes do...

Galerías

Galería
  • Pintura

Galería
  • Fotografía