Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Barros, María

  • General
  • Galerías

General

María Barros naceu o 27 de xaneiro de 1980 en A Coruña.
Tendo unha clara vocación polo artístico e gran paixón polo deseño, cursa deseño de moda no Istituto Europeo di Design de Milán, cidade onde realiza a súa tese baixo a dirección da directora de Vogue Italia, Franca Sozzani.
Con tan só 21 anos obtén o premio internacional “Moët&Chandon Young Fashion Award” á mellor deseñadora nova Europea, premio outorgado en colaboración coa Camera Nazionale della Moda Italiana.
Máis recentemente, en 2009, a revista Capital publica o listado dos 100 mozos máis prometedores de España, onde sinala á deseñadora galega como unha das personalidades máis influíntes do país e primeira dentro do ámbito do deseño.
Así mesmo, en 2011, o xornal La Razón, posiciona a María Barros no ranking dos 50 mozos máis influíntes do panorama nacional.
Despois de traballar con deseñadores como Roberto Cavalli en Florencia, Modesto Lomba en Madrid ou Pupi Solari en Milán, María Barros crea a súa propia firma en 2003.
Desde esta data, María Barros presentou as súas coleccións de moda en diferentes pasarelas internacionais. Inicialmente participa na Pasarela Gaudí durante catro temporadas consecutivas. Posteriormente incorpórase ao Calendario de desfiles da Pasarela de Milán. A partir deste momento, as súas coleccións comezan a estar presentes en diferentes tendas multimarca de España, Italia, EEUU, Rusia e Arabia.
Concebindo o deseño coma un estudo multidisciplinar, de forma paralela ás súas creacións de moda realiza colaboracións noutros campos do deseño.
Mostra diso é a colección de mobiliario “Couture”, na que os seus conceptos de moda se fusionan para ser globais e entendidos baixo o pensamento do interiorismo. Esta colección viste algún dos espazos máis emblemáticos e modernos de Europa. Igualmente, as coleccións de María Barros pódense ver en diferentes campañas publicitarias internacionais, como por exemplo as presentadas pola xoiería Suárez, Carrera&Carrera ou Freixenet.
Asimismo, María Barros deseña colecciónss cápsula para outras firmas, entre as que destaca o deseño da primeira colección textil para a firma de complementos Hazel: Hazel by María Barros.
No ano 2012, María Barros entra a formar parte da Asociación de Creadores de Moda de España (ACME).
Na actualidade, a deseñadora presenta as súas coleccións na pasarela Mercedes-Benz Fashion Week Madrid, onde comeza a desfilar en febreiro de 2009.

Galerías

Mercedes-Benz Fashion Week Madrid. Colección "Musa Dormida", Primavera/Verano 2013.

    Directorio

    • Ensinanza (19)
    • Editoriales (97)
    • Museos (122)
    • Salas Exposición (127)
    • Artesanía (554)
      • cerámicas (108)
      • coiro (46)
      • gráficas (12)
      • metal (82)
      • pedra (40)
      • vidro (30)
      • instrumentos (22)
      • textil (68)
      • xoiería (39)
      • madeira (67)
      • varios (41)
    • Teatro (239)
      • maxia (22)
      • aficionados (126)
      • compañías profesionais (93)
    • Música (1179)
      • son e iluminación (22)
      • varios (168)
      • solistas, duos y trios (30)
      • orquestras y grupos (43)
      • música clásica (283)
      • grupos folk-rock-pop (154)
      • rondallas (39)
      • corais e orfeóns (296)
      • bandas de música (149)
    • Cultura Tradicional (319)
      • agrupacións de canto tradicional (56)
      • grupos de música popular (262)
    • Bibliotecas (813)
      • bibliotecas públicas (456)
      • bibliotecas especializadas (357)
    • Danza (308)
      • outras danzas (38)
      • danza tradicional galega (270)

    Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

    Aldeas Gallegas

    Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
    Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información