EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS
2013. Exposición e performance “A máquina do son” en Galería Aire Centro de Arte. Santiago de Compostela. Taller Aberto do proxecto “Enredarte” do Museo de Lugo.
2012. “Emoción mutante” performance do proxecto “Entolearte”. Hospital psiquiátrico...
Ante, Diego (Joyas de Papel)
General
Diego Ante naceu en Vigo en 1978.
É Enxeñeiro técnico industrial coa especialidade mecánica. 'Joyas de Papel' naceu hai xa oito anos, na beira do Atlántico. En Nigrán, preto de Vigo. Alí viron a luz algunhas das primeiras pezas que se convertirían en clásicos e iconos da marca. Co paso dos años a marca foi crecendo, primeiro co contacto con Alfar, tenda de xoiería de autor en Vigo e posteriormente recibindo influencias de diversos deseñadores nacionais. Entre as pezas desta marca, podemos atopar broches, pendentes, xemelgos, colgantes, colares, diademas... moi lonxe dos únicos pendentes do comezo. E como non, tamén os materiais foron evolucionando, de cores planas pasouse a papeis tintados a man con diversas texturas e degradados. Despois incorporáronse á marca papeis tradicionais xaponeses, coreanos e indios... e algúns papeis de caramelos como a colección basada en envoltorios de Sugus. Finalmente pódese atopar calquera tipo de papel nas xoias, reciclados, tintados, xornais, mapas, feitos a man... incluso hai pezas feitas con papiro exipcio. E por suposto os modelos tamén evolucionaron, pasando das simples paxariñas ás complexas Geishas. O futuro... pasa pola interrelación entre materiais e diversas técnicas de traballo do papel aparte da papiroflexia. ¿Quén sabe o que deparará o camiño?...












