Asunción Rodríguez Adá naceu o 19 de agosto de 1976 en Cea (Ourense).
Como pintora é autodidacta. Na infancia asistiu a clases de debuxo. Dende ben pequena é a pintura un xeito de expresión. Os seus primeiros contactos públicos artísticos son facendo debuxos de motoristas nas...
López López, Martín
General
Martín López López, naceu en Lugo no ano 1976.
Tivo o seu primeiro contacto coa fotografía ós oito anos, cando lle regalaron a súa primeira cámara, una Werlissa Color.
Co paso dos anos e a medida que medraba a súa interese fotográfica, foise apoderando da réflex familiar, una Yashica FX-2 cun fabuloso obxectivo 50mm. que conserva como ouro en pano.
Aínda que só fotografiaba por afección, pois a súa vida laboral seguíu derroteiros pouco afíns á fotografía, no ano 2006 mergúllase de cheo na imaxe dixital.
A partires daquí comeza a fotografiar con seriedade, eventos, paisaxes, retratos, bodegóns, e en xeral calquera cousa que chame a atención do seu obxectivo autodidacta.












