Pasar al contenido principal

Adá, Asun

General

Categorías: 
Fotografía
Categorías: 
Pintura

 
Asunción Rodríguez Adá naceu o 19 de agosto de 1976 en Cea (Ourense).
Como pintora é autodidacta. Na infancia asistiu a clases de debuxo. Dende ben pequena é a pintura un xeito de expresión. Os seus primeiros contactos públicos artísticos son facendo debuxos de motoristas nas súas motos, resultando de elo cadros, murais en establecementos e tamén pintando camisetas; todo comeza a extenderse cando decide pintar a súa roupa para impoñerlle un rexistro personal. Dende hai anos imparte clases de debuxo e pintura, así como pintura en tela a grupos de nenos e adultos.
 
FORMACIÓN
1995-1998. Técnico Especialista en Imaxe e Son: Realización de programas, na Universidade Libre de Benposta (Ourense). 1994. C.O.U. Colexio Cardenal Cisneros (Ourense).
 
CURSOS E SEMINARIOS
2005. Deseño e maquetación. ENSINOR. 2005. Módulo Formativo “Cómo Crear una Empresa”. CEO. 2004. Xornadas sobre Muller e Psicoanálise. Campus Ourense. Universidade Vigo. 2004. Consultores Culturais. G- Conta Formación S.L. 2004. Propiedade intelectual. G- Conta Formación S.L. 2004. Elaboración de Guións. G-Conta Formación S.L. 2001. Telexornalismo. IORTV. 2001. Recursos para Iluminación Fotográfica. EFTI. 2000. Windows 98. TVE-Galicia. 1999. Guión en Televisión de nivel avanzado. IORTVE. 1998. Realización de Directos. CRTVG e o SGC. Clases mestras de son, impartidas por Michael Martín e o enxeñeiro de son Fernando Díaz, certifica o Decanato da Facultade de Ourense e “FOLKUS”. (1997 e 1999, respectivamente).  
 
EXPOSICIÓNS
As rúas e os locais públicos, son unha referencia para un arte e unha artesanía feitos totalmente a man e con exclusividade en cada deseño, así como a diversidade de materiais empregados. É artista do Museo Virtual da Deputación de Ourense.
 
EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS
2005. Pinturas, “Paseos polo Interior”. Casa do escudo. Verín (Ourense) 2005. Fotografía, “Nalgures” Casa do Escudo. Verín (Ourense). 2005-2006. Pintura en Convido, Caldas de Reis (Pontevedra). 2006. Fotografía. “Nalgures”, Liceo de Ourense. 2006. Pinturas “Formas de mira-la vida” Auditorio, O Carballiño (Ourense). 2006. Fotografía. “Nalgures” Café Cátedra, Ourense. 2007. Pinturas “Mirando á vida” Multiusos de Cea (Ourense). 2007. “Camiñando un camiño” Casa Curro, Monçao (Portugal). 2008. “Polo camiño” Casa de la Cultura de Chantada (Lugo). 2008. “Recortes del camino” Café Cátedra, Ourense. 2008. “Instantáneas do meu camiño” Outono Fotográfico, Sala O Potiño, Carballiño/ IES nº1 Carballiño (Ourense). 2009. “De ayer y hoy” Centro Comarcal do Carballiño (Pintura). 2009. “Instantáneas do meu camiño” Outono Fotográfico – Librería Eixo (Ourense), Ayuntamiento de Leiro, Ayuntamiento de Carballiño. 2009. Exposición de Fotografías “de Cea” Multiusos de Cea. 2009. “Esencia de Mujer” Creaciones. Sala de arte de Caja Burgos, Miranda de Ebro. 2009. “Esencia de Mujer” una parte de las creaciones en La Tajá, Carballiño. 2009. “Estancias o lugares” Fotografías para una casa, Centro Comarcal Carballiño. 2010. “Retales de ayer y de hoy” Creaciones. Centro Comarcal Vilanova dos Infantes (Celanova). 2010. “El Proceso de Crecer” Creaciones. Centro Cultural de la Diputación de Ourense. 2010. Pinturas y fotografías en “La Librería” (Ourense). 2010. “La Luz que me adelanta” Creaciones. Outono Fotográfico, Galería Manuel Márquez (Ourense). 2011. “La Esencia de lo Efímero” Outono Fotográfico 2011, Casa Xuventude Chantada (Lugo). 2011. “En el Vivir de Aldea” Fotografías, Noite de Ronda III, Outono Fotográfico 2011 Ourense. 2011. “La Esencia de lo Efímero” Fotografías Multiusos de Cea. 2012. “La Esencia de lo Efímero” Casa da Cultura de Porto do Son, A Coruña. 2012. “Para Variar, Variedad” Casa de Cultura de Portosín, (A Coruña). 2012. “Transmutando, como gotas” Outono Fotográfico 2012, librería Eixo (Ourense).
 
EXPOSICIÓNS COLECTIVAS
2004-2006 Mostra de obras conxuntas e permanentes, Café Luva, Ourense. 2007. Mostra en Café Jesús Soria 52, Ourense. 2007. Internacional de obras de gran formato “Telas al viento”. Lousado (Ourense). 2009. IV Mostra de pintura e escultura “Un paseo entre-arte” entretendas SanXenxo. 2010. “Noite de Ronda II” Outono Fotografico. 2011. “Mujer, Arte y Creatividad” Casa da Xuventude de Ourense. 2011. “Noite de Ronda III” Outono Fotografico. 2012. “Mujer, Arte y Creatividad” Museo Municipal de Ourense. 2012. “Cualquier noche” Noite de Ronda IV.
 
EXPERIENCIA PROFESIONAL TVG:
1998-1999, 2001, 2002, 2006, 2007. Axudante de realización e mezcladora en Informativos, Programas Multicámara. Axudante de realización en Servicios Informativos; Rexedora. Realizadora en Servicios Informativos.  
TVE: 1999-2001, 2002, 2003, 2004-2005. Realizadora de Servicios Informativos, Programas e Directos Multicámaras. Técnico mezclador de imaxe en estudio, Unidades móviles e retrasmisións Deportivas. Realizadora de Reportaxes e Documentais. Axudante de realización en Servicios informativos e programas; rexedora e grafista.
Pórtico Comunicacións: 2004. Operadora-montadora de videos, manexo de Avid, Betacam e Dvcam.
Torremolinos TV: 2002. Xefa de realización; Realizadora de informativos.
 
OUTROS MÉRITOS
Responsable e puntual con capacidade para afrontar novos retos. Emprendedora. Xerente fundadora da Produtora audiovisual “Infernos” 2001. Monitora de nenas en Benposta Ourense e Benposta Bogotá (Colombia). 1998. Prácticas en TVG como Axudante de Realización de informativos. 1995-1998. Ourense TV Benposta: Operadora de cámara en estudio e reporteira; Presentadora de informativos e programas; realizadora e guionista. 1995-1998. Radio Benposta: Técnico; Locutora. Axudante de son en concertos.

Galerías

Galería
  • Pintura

Galería
  • Fotografía