Ana Sastre Soriano, naceu o 9 de abril de 1951, en Las Navas del Marqués (Ávila), ainda que vive en Galicia dende os 21 anos.
É artesana, escultora, polifacética...
FORMACIÓN
Mestra e diplomada en Educación Física, Música e Plástica....
Sáenz Vázquez, Manuel
General
Manuel Sáenz Vázquez naceu en Santo Estevo da Mota (Lugo) o día 25 de outubro de 1937, aínda que actualmente reside en Saint Gallen (Suiza).
FORMACIÓN
- En 1954 matricúlase na Escuela Nacional de Artes Gráficas de Madrid.
- Círculo de Belas Artes.
- Academia de Belas Artes de San Fernando.
PREMIOS
Premios obtidos na Escola Nacional de Artes Gráficas:
Litografía / Augaforte
1956-1957. Litografía. Sobresaínte (Primeiro premio por oposición).
1957-1958. Litografía. Sobresaínte (Primeiro premio por oposición).
1958-1959. Augaforte. Sobresaínte (Primeiro premio por oposición, concedido por D. Manuel Castro Gil).
1958-1959. Litografía. Sobresaínte (Accésit)
1959-1960. Litografía. Sobresaínte (Segundo premio por oposición).
De 1960 a 1969 ante a imposibilidade de poder seguir co Augaforte, e para dar unha continuidade ó mesmo na súa obra, logrou desenvolver unha técnica na cal preparaba as súas tintas, algúns colores vexetais como o azafrán, etc... Foi tan vehemente o seu desexo de continuar co que irremediablemente perdera, que despois de anos logrou cambia-la técnica fria da plumiña ó que hoxe é a súa obra.
O papel empregado na súa meirande parte, así como a elaboración do mesmo son feitos a man e con diferentes gramos de espesor e estrutura para dar segundo o motivo un carácter máis en concordancia co tema a tratar. Prácticamente tódolos motivos teñen reminiscencias que recordan coma sempre e desexado, ó augaforte, diferentes tintas, matices e fondos, dando por suposto a toda a obra, unha nova dimensión de valores e maior calidade artística ó que se coñece simplemente, como "debuxo a plumiña".
Nos últimos anos, o seu traballo a parte do artístico foi o grafismo e a ilustración, xunto coa súa muller (diplomada en publicidade) no estudio publicitario que ela dirixe.
EXPOSICIÓNS RELEVANTES
1970. Galerie Wohlwend. Vaduz / P. de Liechtenstein.
1972. Galerie F. Grohmann. München (Alemania).
1979. International Art Exhibition 79 (Basel).
1979. International Art Center (New York).
OBRA EN:
Algunhas das súas obras atópanse en galerías e coleccións privadas en: Liechtenstein, Suiza, Italia, Alemania, Dinamarca, Japón, USA...
DONACIÓN
A comisión de técnicos do Museo Provincial de Lugo, acepta por unanimidade a admisión de seis das súas obras. E o día 4 de outubro de 2007 en acto público presidido por D. Antón Bao, Vicepresidente primeiro da Deputación, D. Antonio Veiga, Deputado da área de Cultura e Dª. Encarna Lago, Xerente do museo, fai entrega en perpetuidade das obras citadas ó Museo Provincial de Lugo, as cuales quedarán expostas a partir dunha nova estructuración que ten proxectada o Museo.
CONTACTO:
Gerhaldenstrasse, 14. 9008 St. Gallen (Suiza)
Telf.: +41 71 2459580