CURRÍCULUM 1975. Comeza no mundo da artesanía realizando traballos en vidro, alpaca, etc..., que logo vendería no rastro de León. Esta actividade era complementaria á súa profesión de electricista. É un artesán autodidacta, ainda que procura asistir a cursos para aprender e...
Lombao, Indalecio
General
Indalecio Lombao Gómez naceu o 3 de maio de 1920 en Bonxe, Outeiro de Rei (Lugo).
Fillo de Domingo Lombao Varela e Josefa Gómez Parga, aprendeu os oficios de oleiro e músico, oficios tradicionais de Bonxe, o seu pobo natal. Participou na Guerra Civil e estivo na Batalla do Ebro. Unha vez finalizada, regresou a Oviedo e formou parte da banda militar. Posteriormente, volveu a Bonxe e seguiu cos oficios de oleiro e músico, coñecendo nesta época á que sería a súa muller. A súa filla, Josefa Lombao Ferro, continúa coa tradición oleira.
Ademais de ter formado parte da banda militar, tamén traballou en varias orquestras.
No ámbito da oleiría contaba con moitos anos de experiencia e unha amplísima obra.
Posuía a carta de mestre artesán e a súa familia é a única dedicada á cerámica tradicional de Bonxe.
Bonxe é un pobo de profunda tradición oleira que tivo o seu maior auxe na etapa na que traballaban na oleiría cincuenta e seis dos sesenta veciños.












