Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Crítica

O INDALECIO DE BONXE
Ven de deixarnos un creador providencial: Indalecio Lombao, o oleiro de Bonxe, onde os que traballaban neste oficio, eran coñecidos coma cacharreiros. Un home bo e xeneroso que se propuxo manter na Terra Chá o labor máis antigo do mundo. Coma todos os xenios, soubo aproveitar a oportunidade que lle brindaba a vida. Era o derradeiro dunha parroquia de oleiros, pero tivo a fortuna de sementar na súa filla Pepita, a arte que practicou o mesmo Deus, nos albores da humanidade. Tennos contado, que alá polos 60, de sesenta veciños, 56 eran alfareiros. No 78 só quedaba o artista Manuel López Lombao, ó que sucedeu Indalecio coa canaveira, o pano e o alambre para raelas pezas. Este mestre alfareiro foi tamén un músico consumado, Xunto cun irmán aprendera do seu pai a moldear o barro. Algo común a outras parroquias de Outeiro: Silvarrei, Tirimol, Penelas... Pero só os de Bonxe vendían nas feiras, os outros facíano a tratantes, que mantiñan un almacén non lonxe dos obradoiros. Durante séculos crearon unha estética que os diferencia dos de Buño, Gundivós, etc. Os homes traballaban co torno e as mulleres amañaban o barro e apañaban a leña. A dona deste supervivinte de Bonxe, Xosefa Ferro, colaborou estreitamente no afán por non perder esta artesanía. No apoxeo de Bonxe, tamén influíu a abundancia da materia prima, o barro, e a súa alta calidade, moito mellor ca que tiñan os de Gundivos. A característica da súa olería é a media lúa en trazos brancos. Na Terra Chá adoitaban facer unhas pezas máis grandes cas de Buño, para atender ás necesidades dunha economía agrogandeira prospera, para traballar o leite ou o mel, para conservar a auga, as matanzas, os licores... As mans de Indalecio eran especiais para crear unha harmonía nas formas, o que fala ás claras de que estamos ante un gran creador. Era toda unha gozada sentir coma medía a consistencia da masa, antes de facer os “fondos”, dos que ía arrincar cada peza. Unha por unha, ía acadando o seu ser, ata chegar a obra definitiva. O seu museo e obradoiro son o santuario que mantén vivas as esencias da cerámica chairega.

Alfonso Blanco Torrado

Lombao, Indalecio

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información