Currículum
Xurxo Alonso nace en Bos Aires (Arxentina), en 1956. Dende 1964 reside en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
Formación
Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (A Coruña).
Escola de Arte...
Primitivo Marcos Ferreiro nace en Lugo no ano 1962. Dende moi novo empeza a debuxar influído polos grandes debuxantes clásicos de tebeos aos que admirou sempre. A súa maior produción está dedicada ao cómic que ven publicando dende os anos 90 en diferentes revistas e para distintos Organismos.
Principalmente de corte histórico e clásico destacan obras como “O Mariscal Pardo de Cela”, “Guillelme e Rosalía”, “María Castaña” ou “Almanzor”. Coa Deputación Provincial de Lugo publica tres caderniños apaisados de temática medieval que contan as aventuras dunha familia de fidalgos no século XIII. Esta publicación recibe o Premio Ourense de Banda Deseñada no ano 2000.
Recentemente “El patito editorial” recompilou este material xa publicado e xunto con outro inédito, sacou á luz “Aventura no Camiño de Santiago I”. No tocante a banda deseñada publicou ademais a serie “Xulieta” no xornal “El Provisional”, “Os Fdez” na revista Golfiño e máis recentemente “Os Fdez no corazón da noite” na revista Galimatías. Como ilustrador traballou no diario “El Progreso” de Lugo e colaborou en gran número de publicacións de carácter educativo e didáctico.
Ultimamente podemos destacar a súa participación no programa da TVG “Historias de Galicia” ou a ilustración do libro “De sol a sol” que en breve publicará a Deputación de Lugo. Realizou exposicións tanto individuais como colectivas entre as que podemos destacar no Museo Provincial de Ourense dentro das “XII Xornadas de Banda Deseñada” (Individual); “Viñetas desde o Atlántico” Dez anos de Viñetas, dez anos de banda deseñada. A Coruña 2002 (Colectiva) ou “Historieta Galega, 1973-2008” no Auditorio de Galicia (Colectiva). Na actualidade Primitivo está a traballar na segunda parte de “Aventura no Camiño de Santiago” e compaxina o seu traballo de debuxante e creador de tebeos co de profesor de inglés no Instituto de Secundaria María Sarmiento de Vivero, cidade na que vive dende 1992.
Contacto: primitivomarc@gmail.com