Pasar al contenido principal

Barreiro

General

Categorías: 
Pintura

José María Barreiro naceu o 25 de Outubro de 1940 en Forcarei (Pontevedra).

CURRÍCULUM
1961. Realiza a súa primeira exposición individual.
1963. Viaxe de estudos a Europa, residindo en París durante un ano, onde efectúa estudios sobre a escola francesa. Exposicións colectivas en París, Bélxica e Alemaña.
1965-66. Realiza unha serie de murais en casas comerciais en Vigo, compartindo o taller co pintor Urbano Lugrís.
1967. Expón en Vigo na Galería Velázquez. Laxeiro realiza unha lectura na exposición.
1968. Exposición ó aire libre, na Praza da Princesa. Forma parte da ‘Estampa popular galega’. Expón en varias cidades españolas, entre elas en Madrid na Galería Toisón.
1969. Viaxa a Arxentina para expoñer traballos, que vende na exposición nun só día.
1970. Compaxina o seu traballo en proxectos de decoración para Harrods en Bos Aires, co traballo no seu estudio. No verán, Barreiro crea un gran mural para Harrods. Pasa o nadal en Mar de Prata. Reúnese con Luis Seoane no Hotel Hermitage. Durante ese período coincide con Cafrune, famoso cantante que lle ensina algunhas sambas, co que se convirte en habitual dalgúns grupos musicais arxentinos.
1971. Viaxa a Chile, Brasil e Uruguay.
1972. Exhibición na Galería Perla Marino en Bos Aires. Á súa volta a España expón cadros pintados en América na Galería Jofer de Pontevedra. Laxeiro presenta a exposición. Segunda edición de arte bienal de Pontevedra. Expón en Vigo.
1973. Lázaro Galler, Madrid. Museo arqueolóxico, Centro Cultural de Murcia.
Galería Gaudí, Santa Cruz de Tenerife. Galería José Mª Burgos, Valladolid.
1974. Centro de información e turismo de Pontevedra. Galería 7 1/2, Barcelona.
Presentación de prismatismos basados na descomposición dos colores da luz a través dun prisma, sobre o cal, o crítico periodístico catalán Santos Torroella lle dedicou un artigo. III Arte bienal de Pontevedra.
1975. Exposición colectiva na Galería Marko. Praza da Princesa, Vigo.
1976. Galería La Pinacoteca, Madrid. Homenaxe a Galicia: 80 cadros presentados polo escritor Álvaro Cunqueiro. Exhibición colectiva de pintores galegos en Caracas (Venezuela), promocionada pola Galería Souto de Ourense.
1980. Galería Grisalla, Valladolid.
1982. V Bienal internacional de Pontevedra.
1983. Galería La Pinacoteca, Madrid.
1985. Galería Citania, Santiago de Compostela.
Galería de arte del ayuntamiento de Vigo.
1986. Galería de arte Arracada, A Coruña.
Galería de Arte do Concello de Murcia.
Concello de Forcarei “Homenaxe á miña terra”. Exhibición retrospectiva de Terra de Montes, o lugar onde naceu o artista.
1987. Exhibición itinerante de 25 pintores galegos, patrocinado pola Xunta de Galicia.
Expón os seus 80 últimos traballos no claustro do Mosteiro de San Xoan de Burgos, hoxe Casa Museo de Marcelino Santamaría.
1988. Galería Obelisco, A Coruña.
1989. Exhibición na Galería de Arte Durán de Madrid.
A partires deste ano, Barreiro decide expoñer cada dous anos nesta coñecida galería madrileña, vendendo todolos seus cadros o día da súa inauguración.
1990. Galería Obelisco, A Coruña.
Exposición colectiva de pintores galegos na Galería Macarrón, Madrid.
1991. Arte Chicago. Exhibición internacional de galería de arte. Durante esta viaxe, pasa algúns días na cidade de Nova York. Realiza anotacións desta grande cidade. Visita as galerías de arte e ten a gran sorte de asistir a unha exposición de impresionistas no Museo de Arte Moderno.
Exposición na Galería Durán de Madrid.
Medio século de arte Galaico en Lisboa, exhibición patrocinada pola Xunta de Galicia.
1992. Arte en Miami. Exhibición Internacional. Por varios anos Barreiro e a Galería Durán tomarían parte xuntos nesta exposición en USA, onde tiveron a oportunidade de coñece-la galería Michael Karel en Miami Beach, quen representa agora os seus traballos en Florida.
Galería Pilar Parra, Sanxenxo (Pontevedra).
1993. Exhibición na galería Durán, Madrid. Casa de Galicia, Madrid. 20 anos de pintura. Arte Miami.
1994. Casa da Parra, Santiago de Compostela, exposición patrocinada pola Xunta de Galicia. Arte Miami.
1995. Exhibición na Galería Durán, Madrid. Galería de arte Goya, Zaragoza. Caixa de Madrid, Pontevedra. Arte Miami.
1996. Exhibición itinerante por Portugal: Museo Municipal Torres Novas no Centro Cultural de Coimbra (Portugal).
1997. Exhibición na Galería Durán, Madrid.
Caixa de Aforros de Pontevedra.
Participa coa galería Kreisler de Madrid na Feira Internacional de Arte, Ghent (Bélxica).
1998. Exposición 10 anos de pintura, na Galería de arte do Concello de Vigo.
2000. Durán Exposiciones de Arte. Madrid 20 anos de pintura.
Hostal dos Reyes Católicos en Santiago de Compostela.
Exposición colectiva, en Sintra e Montemor (Portugal).
“Cita co debuxo”, Galería Alfama, Madrid.
2001. Casa da Parra, Santiago de Compostela.
Galería Rafael, Valladolid.
Feria de Arte 2001, Durán exposición de Arte, Madrid.
2002. Sammer Gallery, Puerto Banús, Marbella.
Galería Sargadelos de Vigo (Pontevedra).
2003. Feria de Arte 2003, Durán Exposiciones de Arte, Madrid.
2004. Museo Chiado, Coimbra (Portugal).
Csaa Municipal de Cultura, Coimbra (Portugal).
Museo da República, Lisboa (Portugal).
2005. Pontevedra, 65 pinturas, 65 debuxos, Palacio de exposicións e congresos.

CONTACTO
Telf.: 986323189
e-mail: pintor@jmbarreiro.com

Galerías

Galería
  • Pintura