1986. Licenciada en Belas Artes (Dpto. de Escultura) pola Facultade de Belas Artes da Universidade Complutense de Madrid. 1992. Doutora en Belas Artes (Dpto. de Escultura) pola Facultade de Belas Artes da Universidade Complutense de Madrid. 1991. Graduada en Cerámica pola Escola...
Cano, Jesús
General
Jesús Cano Serrano naceu o 17 de xuño de 1960, en Los Llanos (Ciudad Real)
CURRÍCULUM
É Profesor de EXB, na rama de Ciencias Sociais e Educador Social.
Ten cursos de Cerámica, Tapices e Papel Reciclado.
Dende 1995 traballa como Educador no Centro de Atención a Persoas con Discapacidade, da Consellería de Vicepresidencia e Benestar Social, da Xunta de Galicia en Sarria (Lugo).
Anteriormente, traballou de Profesor de Adultos e Monitor de Manualidades.
Impartiu unha clase práctica de Instrumentos Tradicionais Galegos, no Campamento Xuvenil de A Devesa (Ribadeo), dependente da Consellería de Vicepresidencia, en Agosto do 2006.
EXPOSICIÓNS
Ten realizado exposicións con taller en vivo, en Rubián, Lugo (2005) e en Sarria, durante a Feira de Anticuarios do 2006.
Ten pendentes dúas exposicións, unha na Sala de Exposicións do Edificio Multiusos da Xunta en Lugo e outra con Abraham Cupeiro, na Casa da Cultura de Sarria.
OBRA
O seu obxectivo é rescatar do esquecemento e reproducir, o meirande número de instrumentos tradicionais esquecidos, preferentemente de Galicia, ainda que tamén do resto da península e do mundo. Para que non caigan no esquecemento e para amosar, que teñen un grande potencial musical e étnico, ademáis de que non son tan difíciles de construir, como nun principio, puidera parecer.
Hasta o momento, ten construídos 96 instrumentos tradicionais, dos que 66, son galegos. Ten catalogados 26 obxectos cotidianos instrumentalizados, e 14 instrumentos musicais, construídos con material de reciclaxe.
E-mail: Jkno@telefonica.net