Moise Dikoff naceu o 1 de Marzo de 1962 en Marsella.
Autodidacta. Dende moi pequeno xa se interesa polo debuxo e a pintura.
1979-1983. Escola técnica Cepia (Xenebra). Deliñante en arquitectura. 1º Premio Interasar.
1981-1983. Interesase polo cómic e pola ciencia...
Quesada, Marieta
General
CURRÍCULUM
1962: Marieta Quesada Legido nace en Vigo, o 21 de xuño no seo dunha familia de artistas. O seu pai Fernando Quesada, debuxante. A súa nai, Ana Legido, pintora, e once membros da súa familia no do mundo do arte.
1982: Trasládase a Sevilla para estudiar Belas Artes na Facultade de Santa Isabel de Hungría. En cuarto de carreira comeza a traballar co catedrático da Facultade D. José Antonio García Ruiz, na realización dun mural de nove metros para o Concello de Sevilla.
Remata a carreira con Premio Extraordinario e beca de “Paisaje en el Paular”. Realiza unha exposición representando a Sevilla cos becados de outras facultades de España no Torreón de Loyola.
1988: Trasládase a Córdoba onde lle encargan o retrato do Rector da Universidade D. Francisco Colomer. Realiza unha exposición individual na Caixa de Aforros de Vigo.
1989: Expón individualmente na Caixa de Aforros de Ourense.
1990: Expón individualmente no “Colegio Oficial de Arquitectos de Córdoba” e na “Caja de Ahorros de Sevilla”. Participa na exposición colectiva de Pintores Galegos Contemporáneos no Hostal dos Reis Católicos de Santiago. Subastan obras de arte súas no "Araguaney" de Santiago de Compostela.
1991: Trasládase a París onde comeza a traballar na galería de arte Romanet.
1992: Expóne na Casa Palacio Galindo en colaboración coa EXPO 92. Encárganlle dez obras para o Wold Center da EXPO 92.
1993: Realiza a primeira exposición individual en París na galería de arte Romanet. É considerada unha das mellores exposicións da temporada na capital francesa.
Reportaxe nas revistas francesas "Figaro Magazine"; catro páxinas a cor adicadas á súa exposición, "Drout Richelieu" cunha crítica moi positiva sobre a súa exposición e a revista xaponesa "TC" Talens.
O Concello de París encárgalle o proxecto dun mural para a fachada dun edificio do canal de San Martín.
1994: Seleccionada unha obra súa para o Salón de Outono de París.
Exposición individual no “Colegio Oficial de Arquitectos de Córdoba”.
1995: Exposición individual na Caixa de Aforros de Vigo.
Exposición individual en París na galería de arte Romanet.
As suas obras son adquiridas por empresas Holandesas, particulares de New York e Sudamérica.
Exposición colectiva no Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela. Galería "Arboreda" de Ferrol.
1996: Exposición individual na Caixa de Aforros de Orense.
Exposición individual na galería de arte CC 22 de Madrid. Reportaxe en "Blanco y Negro" de ABC.
Exposición individual en Burdeos, Embaixada de España.
1997: Participación no Salón de Outono de París e seleccionada con outros artistas para unha exposición itinerante por toda a rexión francesa. Exposición individual na Caixa de Aforros de Pontevedra.
1998: Exposición individual na Galería "Marisa Rosado" na Coruña.
Participación na Feira de Arte de Santander.
Exposición na Galería Alameda de Vigo.
1999: Exposición individual na galería de arte CC 22 de Madrid.
Exposicion individual na galería Trisquel e Medulio de Tui.
2000: Exposición colectiva no Museo de Arte Meguro de Tokio (Japón).
Exposición individual na Caixa de Aforros de Vigo.
2001: Exposición individual na Sala de Exposicións Jose Lorenzo, en Santiago de Compostela.
2001: Exposición individual na Galería Nova Rúa Arte. Mes de Setembro. Lugo.
2002: Palacio San Apolinar, Roma. Galería Forum Lindenthal, Colonia. Alemania
2003: Sala de exposiciones "Fundación de Cultura Andaluza" Sevilla
2004: Galería Forum Lindenthal, Colonia. Alemania.
2005: Diputación de Cáceres. Instituto cultural “El Brocense”
2006: Exposición Caixa nova, Vigo