César Prada
General
César Prada Novoa nace en 1951 en Ourense.
De primeiras, conven facer fincapé nas súas circunstancias familiares: críase no seno dunha familia modesta e moi numerosa. Modesta no senso de que é necesario gañar o pan de cada día. O de moi numerosa é unha profunda curiosidade diante de calquera novidade de experiencia. Para él é irresistible a chamada do horizonte dos soños, de sumerxirse na aventura do descoñecido, na aventura de vivir. Polo tanto, non resulta arriscado imaxinalo nas rúas, no fogar, no Xardín do Posío, aprendendo e asimilando a apaixoante lección de vivir. Aprendendo en definitiva, a lección de Scherezade, é dicir: salvar a vida coa axuda da arte; sobrevivir á sordidez, mediocridade e estreitura de cada ameazante destino. No caso de Prada, salvar a vida debuxando, esculpindo ou pintando imaxes divisadas no espello dos soños e das fantasías. Prada plasma nas súas obras os sentimentos esenciais da vida cotiá, do común. Para salvalos da fugacidade: algo semellante á nomeda poesía da experiencia ou quizás á palabra no tempo de D. Antonio Machado. Ós 12 anos comeza a estudiar pintura e escultura na Escola de Artes e Oficios de Ourense. Recorda con admiración e gratitude ó mestre D. Aurelio Iglesias, de quen chega a ser discípulo no seu taller. Pero a necesidade é inmediata. Moi pronto, o seu pai emplea a César para traballar e contribuir así a soster a humilde economía familiar. As inquedanzas artísticas do xoven Prada nunca declinan. Dende agora será un activo autodidacta no ámbito da pintura e da escultura. Ós 15 anos o seu adeus ós estudios oficiais é definitivo. Pero ó seu espíritu dinámico nada lle resulta alleo. De xeito que, en paralelo coa actividade laboral, desenvolve moi diversas aficións: como tocar a batería en varios grupos musicais. Actividades que compaxina co traballo polo oficio, coa realización de numerosos encargos de santos, vía crucis, escudos heráldicos e, sobre todo, co imparable crecemento de debuxos, pinturas e esculturas no seu estudio personal. Ós 22 anos casa con Isabel. O incondicional apoio da súa dona, así como o estímulo de moitas persoas que non dubidan das súas capacidades artísticas (César é un home sinxelo, que desperta amizades sinceras e verdadeiras) determinan que se centre, casi exclusivamente, na pintura e escultura. Axiña virá a participación en exposicións colectivas e tamén, as individuais, nas que obtén un notable éxito comercial e de crítica. En 1983, de novo animado por Isabel, abandona a actividade laboral. Abre un estudo/taller no baixo dunha casa da familia, onde realiza unha vasta obra escultórica en madeira, barro, bronce e granito ó longo dunha década. Neste tempo a meirande parte das obras son feitas por encarga, adicando moitas horas ó estudo, investigación e perfeccionamento dun estilo propio.
Email: cpabloprada@gmail.com