Maruxa Olavide naceu en A Coruña. Cursa os seus estudios en Madrid. Dende nena sinte unha grande pasión por tódalas artes, se ben o seu carácter en extremo independente non lle permite suxeitarse a normas e cánones. Muller de carácter aberto e de moitos amigos, Maruxa é tamén unha experta...
Alejos
General
Alejos naceu en Ferrol en 1975, ainda que está empadronado en Valdoviño dende o ano 2000, "Teño o pensamento en Ferrol e o corazón en Valdoviño" afirma.
Realizou estudos de Arquitectura Técnica e de Deseño Industrial e de Interiores na Universidade de A Coruña.
De vocación autodidacta, pinta dende pequeno co convencemento de que a pintura é un xeito máxico de expresar o sentir social.
Cree na simplicidade da pintura, con recursos e materiais sinxelos, porque con eses materiais é como se amosa realmente a valía do pintor para transmitir dun xeito sinxelo o que pretende.
Os seus cadros prentenden ser historias. Ás veces nacen directamente dos soños, os cales logo analiza desde a impresión que lle causaron, ás veces atopando na realidade coincidencias máis que indicativas do poder do noso subconsciente. Outras veces son dictados ou necesidades que nacen polo dia, por temas que máis ou menos lle poden inquedar, por distintos motivos: cientificos, emotivos... Cree este artista que un bo cadro é aquel que transmite o mellor posible unha idea ou sensación. Para elo é fundamental amar a pintura tanto como á mesma vida. Ás veces basta só co título do cadro para facerse unha idea do tema. Outras veces necesita escribir, ademáis do título "curto", outro "título longo", que pode ser unha cousa similar a unha poesía, e pode ir acompañada de textos explicativos ou referencias, xa que para él a pintura debe ensinar, debe aportar algo intelectualmente ou espiritualmente, pero sexa o tema que sexa, como punto de partida sempre debe ter o amor á vida.
Ven realizando exposicións individuais e colectivas dende o ano 1998, sobre todo entre Ferrol e A Coruña.