EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS
- Sala Caixanova. O Barco de Valdeorras (Ourense)
- Fundación Araguaney. Santiago de Compostela (A Coruña)
- Galería Sargadelos. Monforte de Lemos (Lugo)
- Galería Sargadelos. A Estrada (Pontevedra)
- Casa do Escudo, Concello de Verín....
Covelo, Sergio
General
FORMACIÓN
Licenciado en Belas Artes pola facultade de Pontevedra. Curso de infografía audiovisual.
TRABALLOS
Colaborou en diversos fanzines, entre os que se contan, a nivel estatal, "Cabezabajo" e "Dos veces breve", e a nivel autonómico, "Golfiño", "Chámalle X", "Whore!", "Comikaze" e o "Fanzine das Xornadas", "Código Cero". Participou nas exposicións "Vigo nas sombras II", "Cómics en Vigo" e "Semana de Banda Deseñada 2000". Tamén participou nas exposición "Can de Palleiro" (2004) e en "Prantando libros" (2005) organizadas pola Asociación Galega de Ilustradores (AGPI).
Membro do colectivo Polaqia, participa na revista "Barsowia". Ademais, contribuiu ao álbum colectivo "H2Oil" e á novela gráfica "Capital" (Edicions de Ponent, 2006) coma no recopilatorio "Barsowia en llamas" (Ed. Dolmen, colección Dominó).
PREMIOS
Gañou un accésit no Concurso Galego de Banda Deseñada, categoría B (18 a 30 anos), en 1997, e outro na mesma categoría do Certame Galego de Imaxe Artística modalidade BD, en 1998.
Recibiu o primeiro premio no Certame de Cómic de Arteixo (2000), categoría C (adultos), coa historia "Salvar o Ovo Ryan", unha parodia culinaria do filme de Steven Spielberg.
e-mail: covelow@elmonolisto.com












