Pasar al contenido principal

de Castro, Daniel

General

Daniel de Castro naceu en O Carballiño en 1980.

Estudiou Deseño Gráfico e Dirección de Arte, en Vigo.
Afincado no centro financeiro de Vigo, Daniel de Castro leva máis de oito anos traballando en Deseño Gráfico con diferentes clientes a través do seu propio estudio. Gracias a unha sólida formación como titulado en Gráfica Publicitaria na Escola de Arte Pablo Picasso de A Coruña, tivo a oportunidade de traballar con dous deseñadores coñecidos polas súas funcións didácticas, Marcet Comunicación, e Carlos Canella e Simonetta Spada en Zink Barcelona.

Daniel de Castro especializa a súa actividade profesional no Deseño e desenvolvemento da Imaxe de Marca, servizos editoriais, cartelería, desenvolvemento de eventos, ou na Identidade Visual Corporativa; sempre co obxectivo de acercá-la comunicación gráfica entre a empresa e o seu público receptor, a través de diversas emocións. Entre os seus méritos cabe destacar a excelente imaxe realizada para eventos musicais, ou servizos globais a nivel empresarial; méritos, que foron recoñecidos en varios concursos internacionais nos que resultou premiado, cabe citar entre outros o cartel gañador das Festas do Cristo da Victoria en 2005, Premios de Letra Nacionais da Comunicación Visual e a Gráfica de Entorno (2007 e 2008), Concurso Internacional de Cartelería Francisco Mantecón de Terras Gauda (2005) ou o masivo Carpetvista’s Design Competition (2007).

O estudio complementase coa presencia puntual do seu irmán Óscar. Licenciado en Publicidade e Relacións Públicas, completou o seu programa de formación nas prestixiosas Central Saint Martins College of Art & Design de Londres e Escola Superior de Disseny Elisava en Barcelona, onde fixo un master en Deseño Gráfico aplicado á Comunicación.

Despois de traballar como Copywriter en 'El Laboratorio' de Madrid, para clientes como Mercedes ou Yoigo entre outros, pasou a formar parte do equipo de Carlos Rolando The Design Workshop, Premio Nacional de Deseño en 2005 e creador da imaxe de marcas como Camper, Roca ou a Expo de Sevilla 1992.

Actualmente Óscar traballa entre Vigo e Amsterdam, onde colabora como freelance con dous dos estudos máis creativos da cidade.

Óscar e Daniel de Castro forman un equipo adaptado ós novos movementos empresariais. Con ánimo de ser pequenos, colaboran con unha extensa rede internacional de creativos especializados cos que contan para cada proxecto, dependendo da categoría do mesmo. A súa pequena estructura flexible fai que se adapten ós problemas de comunicación do cliente baixo o trato personal dunha implicación total.

Galerías

Galería