Notas
-
O punto de partida da nova creación de La Macana en colaboración con Samir Akika é un reto, o reto de por en escena a un pai co seu fillo adolescente. O primeiro, un galego de orixe cubano que na súa amplia experiencia como bailarín nunca tivo que enfrontarse a un maior desafío que bailar cun compañeiro máis cercano. Pola outra banda, un espléndido, atlético e creativo rapaz de catorce anos, cheo de enerxía e de ganas de confrontar a súa perspectiva millennial co seu querido pai.
-
Do 23 ao 26 de outubro, AMAL ofrecerá 9 proxeccións no Teatro Principal de Santiago, entre as que se inclúen tanto cintas de ficción como documentais. No marco deste último xénero, na sesión inaugural do ciclo estrearase Nacido en Gaza, do documentalista arxentino Hernán Zin. Tras o filme, haberá unha charla coloquio con Ghaleb Jaber Ibrahim.
-
A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre Vázquez, e o Secretario da Sociedade Filarmónica de Lugo, José Luis Díaz Núñez, presentaron este martes no Salón de Actos do Pazo de San Marcos a nova temporada de concertos en vivo que se celebrarán de outubro a maio na capital lucense.
-
Este mércores vaise celebrar en Paradela a presentación oficial do libro OS MOSTEIROS DE SANTA MARÍA DE CASTRO DE REI E SAN FACUNDO DE RIBAS DE MIÑO (PARADELA-LUGO), orixinal do profesor Ángel Fernández López. Ángel Fernández, natural de Paradela, concello do que é Fillo Predilecto, foi Inspector de Educación e Delegado Provincial da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
-
Case sempre se cumpre aquilo de “Na casa do ferreiro…”, e en GaliciaDigital non somos unha excepción. De todos os xeitos, de cando en vez tentamos buscar un intre para ir “coidando” as nosas propias webs, e agora tocoulle ao noso portal principal, GaliciaDigital, coincidindo ademais co seu 18º aniversario. Esta semana lanzamos unha nova versión do noso portal, que inclúe un redeseño gráfico máis adaptado ás tendencias actuais.
-
Galicia estará presente nas Feiras Internacionais do Libro Líber, en Barcelona, e na de Frankfurt. A Feira Líber celébrase desde o mércores día 3 ata o venres 5. Pola súa banda, a de Frankfurt terá lugar do 10 ao 14 de outubro. Estas dúas feiras teñen un carácter comercial, que aproveitan as editoriais galegas para establecer relacións que contribúan a nutrir o sistema cultural galego.
-
Directo 9 é o noveno espectáculo de Pisando Ovos, que vén completar a súa triloxía arredor da música electrónica e do desgaste físico dos corpos en directo, dentro da que xa levou a escena Que volvan as flores (2014) e Give it a Spin (2015). Nesta ocasión, o obxectivo é que os espectadores que asistan a esta particular sesión de DJ e danza se sintan partícipes unha experiencia conxunta a través da vibración dos seus corpos.
-
As políticas públicas e a violencia contra as mulleres centran este martes a temática das xornadas de ‘Formación, educación, xénero e igualdade’ promovidas polo Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (Cifex) da USC e que se desenvolven na Facultade de Ciencias da Educación da USC (Campus Vida).
-
Presentáronse onte no Pazo de San Roque os 'XXXVIII Cadernos Ramón Piñeiro. María Victoria Moreno. Palabra fértil no Tempo', un volume dedicado a afondar na figura da homenaxeada este ano co Día das Letras Galegas, que vén de publicarse co gallo da programación conmemorativa impulsada desde a Xunta. A obra conta cun limiar de Blanca-Ana Roig Rechou.
-
A derradeira leición do mestre —obra icónica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, considerada o ‘Guernica galego’— chegou esta tarde ao Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura desde o Centro Galicia de Buenos Aires. O óleo, de máis de 2 metros de altura, viaxou desde Arxentina a Madrid en avión na pasada fin de semana e foi trasladado por estrada ata o Gaiás, escoltado por axentes da Policía Autonómica.