Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Notas

  • 'DJ's no Camiño' chega a Ordes cun set especial de David Expósito, CDC e Marcos Magán
    O ciclo DJ’s no Camiño chegará o vindeiro martes 13 a Ordes, por onde transcorre o Camiño Inglés, cun set especial de David Expósito, CDC Djs e Marcos Magán. O espectáculo, terá lugar a partir das 23,30 h. na Alameda desta localidade coruñesa, como arranque das festas patronais de Santa María, e desenvolverase nun gran escenario de 20 metros, con 40.000 watios de son, seis pantallas xigantes, agasallos para o público e fogos de artificio.
  • Patti Smith and Band encabeza a primeira noite de concertos na praia de Riazor do 33º Festival Noroeste Estrella Galicia
    A lenda estadounidense do rock, Patti Smith, actuará este venres no 33º Festival Noroeste Estrella Galicia. O seu directo é unha das citas máis esperadas do ano, xa que se trata do único concerto gratuíto que a artista ofrecerá este verán no estado. Smith, acompañada pola súa banda, revisará no areal coruñés os grandes éxitos dunha carreira de máis de catro décadas e ateigada de himnos que forman parte da historia universal do rock, como Because the night, People have the power ou Gloria.
  • 13 expositores renovan a feira de artesanía Mostrart
    A feira de artesanía MOSTRART, que se está a celebrar nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña, renova a partir de hoxe 13 das súas casetas, ca participación de outros 13 novos obradoiros que suporán un atractivo engadido e a oportunidade de visitar a feira por segunda vez, para encontrar novas e refrescantes propostas creativas. Mostrart está organizada pola Asociación Galega de Artesáns (AGA), que traballa na promoción da artesanía dende 1983.
  • O festival Autobán de cómic autoeditado alcanza este agosto a súa duodécima edición
    O festival coruñés de cómic autoeditado alcanza este agosto a súa duodécima edición, despois de seis edicións de verán e outras tantas de inverno. Medio cento de creadoras e creadores inscritos porán á venda as súas novidades no encontro, que ademais contará con palestras, presentacións, edicións exclusivas, mostras e o célebre Combate de Debuxantes. É a festa dos autores e autoras de banda deseñada que publican os seus propios traballos.
  • Antía Veres Gesto, gañadora da XVIII edición do Premio Plácido Castro de Tradución
    A obra gañadora é de Willa Cather (1873-1947), un dos grandes referentes da literatura estadounidense de comezos do século XX, a quen aínda non se podía ler en galego. O xurado da XVIII edición do Premio Plácido Castro de Tradución resolveu premiar a Antía Veres Gesto pola tradución da novela A Lost Lady ou Unha muller perdida, de Willa Cather. Antía Veres dedícase á tradución, ámbito no que traballa en varios proxectos, entre os cales destacan os de tradución literaria.
  • Este vernes celébrase 'A Noite Branca' no MARCO de Vigo
    O venres 9 de agosto, o MARCO súmase, un ano máis, á celebración da Noite Branca, unha iniciativa do Concello de Vigo que ten como principal obxectivo poñer en valor o patrimonio da nosa cidade, desenvolvendo unha programación específica de actividades nos centros da Rede Museística e Expositiva do Concello de Vigo, dirixidas á cidadanía e aos visitantes doutros lugares durante estes meses de verán. Nesta noite especial, o MARCO amplía o seu horario de apertura ata as 2.00 da madrugada.
  • A Mesa presenta en 'Viñetas desde o Atlántico' o libro 'O tempo cronolóxico', con ilustracións de Xulia Vicente
    A Mesa pola Normalización Lingüística presentará este sábado, no 'Viñetas desde o Atlántico', 'O tempo cronolóxico', o libro ilustrado por Xulia Vicente co que quere axudar a cativada galega a coñecer o nome das principais unidades de medida temporal na nosa lingua. Este título forma parte xunto con O abecedario, As aves e Os peixes e outra fauna mariña do proxecto didáctico que A Mesa adica á educación infantil.
  • A APECSA convoca o VII Premio Internacional de divulgación do Camiño de Santiago, dedicado a Segundo Vázquez Portomeñe
    A Asociación de Xornalistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA), formada por profesionais da comunicación, escritores, historiadores e estudosos do Camiño de Santiago, convoca a sétima edición do `Premio Internacional APECSA”, de divulgación dos valores do Camiño de Santiago, ao que, nesta edición, poderán presentarse obras de divulgación e promoción xacobea.
  • A feira de artesanía MOSTRART celebra na Coruña a súa edición número 35
    A feira de artesanía MOSTRART, que se celebra na Coruña dende 1985, abrirá a súa edición número 35 o xóves 1 de agosto (inauguración prevista as 12 h.), e poderá visitarse ata o día 15 nos Xardíns de Ménez Núñez, frente o Cantón Pequeno. Este ano Mostrart acolle a 56 artesáns profesionais de diferentes lugares de Galicia, prácticamente todos acollidos o sistema da marca oficial da Artesanía de Galicia, e un obradoiro invitado que procede de Madrid.
  • Jei Noguerol presenta o seu novo disco 'Qué noite a daquel verán / Port d'en Perris'
    “Qué noite a daquel verán” e “Port d’en Perris” son a parella de novas cancións con que volta Jei Noguerol. En formato single, pódense atopar en todas as tendas dixitais a partir do vindeiro venres 12 de xullo. Ambas as dúas cancións fan parte do libro “Folgos”, que o trobeiro, compositor e cantante galego vai publicar co gallo do 50 aniversario da publicación do seu primeiro disco “Denantes dos vinte anos”.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 78
  • 79
  • 80
  • 81
  • 82
  • 83
  • 84
  • 85
  • 86
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información