Notas
-
A XVI edición do Curso de Medios Audiovisuais de Celanova, o CeMAC 2019, analizará as novas fronteiras do audiovisual galego do 9 ao 12 de xullo no Auditorio Municipal Ilduara de Celanova. O tema desta edición, 'Novas fronteiras do audiovisual galego. Talento, industria e internacionalización', supón unha nova achega na liña temática iniciada hai dezaseis anos. Ao abeiro do curso, por décimo ano consecutivo, desenvolverase o Taller Audiovisual "Celanova, plató de ficción", baixo a dirección de Paulino Pérez.
-
O Corazón da Artesanía. VIII Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, que se organiza nos Pendellos de Agolada, na provincia de Pontevedra, entre o 5 e o 7 de xullo, inclúe un ano máis na súa programación a iniciativa 'Artesanía no Prato', un proxecto no que a Artesanía de Galicia se une coa cociña galega máis vangardista a través de demostracións gastronómicas de prestixiosos chefs galegos.
-
​O Teatro Colón acollerá o mércores 3 de xullo ás 21.00 horas o primeiro concerto do ciclo que se desenvolverá ao longo do mes de xullo na cidade. O gañador dun Grammy Bill Evans actuará xunto á súa banda The Spy Killers, composta por algúns dos músicos máis valorados na escena jazzística internacional. Saxofonista, cantante e produtor, Evans conta con máis de 25 álbums ás súas costas e é, sen dúbida, un dos grandes nomes do xénero.
-
O ciclo está composto por oito andainas nos concellos de Ares, Moaña, Sober, Oia, Cervo, Padrón, Castro Caldelas e Parada de Sil que se desenvolverán do 3 ao 31 de agosto, cun programa que comprenderá actuacións musicais e actividades gastronómicas
-
Os galardóns apoian a excelencia creativa nos campos das Letras, as Artes Plásticas, as Artes Escénicas, a Música, o Audiovisual, a Lingua, o Patrimonio Cultural e a Proxección Exterior, podendo ser presentadas candidaturas durante os próximos dous meses por parte das institucións e entidades culturais ou profesionais relacionadas con cada modalidade.
-
A escritora recibirá o vindeiro sábado 29 de xuño, no Concello da Coruña, a vixésimo quinta edición da Homenaxe O/a Escritor/a na súa Terra - Letra E, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) Esta homenaxe comporta a entrega da Letra E (de escritora) e converte a Pilar Pallarés en Socia de Honra da AELG
-
Do 3 ao 6 de xullo vaise celebrar en Viveiro o XIV Resurrection Fest, o festival de música metal e rock máis importante de España e un dos máis relevantes de Europa. Para esta celebración a Deputación de Lugo aporta 150.000, e calcúlase que o Resu é capaz de xerar un volume de negocio na provincia de Lugo de máis de 6,6 millóns de euros e de 8,5 en toda Galicia.
-
Pontedeume acollerá este sábado 22 de xuño a terceira edición da feira “Primavera no Camiño Inglés”, que volverá a reunir aos dezaoito concellos polos que discorre este itinerario xacobeo nun gran evento organizado pola Deputación da Coruña co obxectivo de promocionar os múltiples atractivos etnográficos, culturais, naturais e gastronómicos desta ruta, que conecta Ferrol e A Coruña con Santiago de Compostela.
-
Varela Producións, a Compañía de Teatro Social de Blanca Marsillach, viaxará os días 18 e 19 de xuño a Galicia para representar un proxecto de teatro social dirixido a persoas con discapacidade, grazas ao apoio da Xunta de Galicia. “Petición de man” é unha comedia cunha duración que rolda os 20 minutos enche de situacións absurdas entre unha moza solteira, a súa nai histérica e un pretendente hipocondriaco e moi particular.
-
Os preto de 70 alumnos dos catro centros educativos de Cangas, Cercedo-Cotobade, O Rosal e Fene que participaron na edición 2018-2019 do programa Cinema en Curso estrearon hoxe no Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI)-Filmoteca de Galicia os filmes que realizaron co acompañamento dos cineastas Ángel Santos, Marcos Flórez, Jaione Camborda e Xacio Baño.