Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Notas

  • Os ‘Tótems’ de Nova Escultura Galega expóñense na Sala Alterarte
    Desde este xoves e ata 1 de marzo pode visitarse na Sala Alterarte, situada no pavillón Concepción Pérez Amat do campus de Ourense, a exposición Tótems, con obra do colectivo Nova Escultura Galega e comisariada polo seu membro Jorge Varela. Con ela, a sala abre a súa programación de 2024 e dá continuidade ao seu proxecto expositivo Recipricidade, posto en marcha baixo a coordinación do profesor Javier Blanco.
  • A UDC colabora co CSIC na elaboración do Calendario Científico Escolar en lingua galega
    A Unidade de Divulgación Científica e Cultural e o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña colaboran un ano máis co Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) na elaboración da versión en lingua galega do seu Calendario Científico Escolar. A UDC é a única entidade galega participante nesta colaboración, levada a cabo desde o ano 2019.
  • Un equipo da USC crea un xemelgo dixital da Catedral de Santiago para xestionar a circulación do aire no seu interior
    A Catedral de Santiago de Compostela é un enorme pulmón con capacidade para 60.000 m3 de aire. Cunha intricada rede de naves, bóvedas, capelas e pasadizos, este espazo monumental ten soportado, ao longo dos séculos, condicións climáticas extremas, especialmente os fortes ventos e as chuvias procedentes do océano Atlántico.
  • Catro textos inéditos da tradición xacobea previos ao século XIII integrarán un volume no que se revisan os xa coñecidos
    Compilar todos os textos sobre o apóstolo Santiago en Compostela e as peregrinacións ao seu sepulcro, traducilos ao castelán e realizar un estudo inicial e un aparello de notas coa finalidade de compoñer unha monografía útil tanto á comunidade académica como ao público xeral é o obxectivo dun proxecto de Joel Varela Rodríguez, quen recibiu para esa finalidade unha axuda da Cátedra Institucional do Camiño de Santiago e das Peregrinacións da USC.
  • Persoal da USC traduce por primeira vez ao galego actual as 'Cantigas de Santa María'
    O Grupo de Investigación de Románicas da Universidade de Santiago está a traballar nunha nova edición crítica das Cantigas de Santa María de Afonso X O Sabio, que estará acompañada dunha tradución ao galego actual, e que se editará en colaboración co Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. O grupo aborda diferentes liñas de estudo vencelladas coa Idade Media e dentro delas a catedrática de Filoloxía Románica Elvira Fidalgo céntrase dun xeito moi particular nas cantigas.
  • 'Cibercarracho, -a', Palabra do Ano 2023 polo Portal das Palabras
    O lema ciberdelicuente figura dende hai un tempo no Dicionario en liña da Real Academia Galega para designar a persoa que comete un acto delituoso por medio das tecnoloxías da información e da comunicación, pero a inventiva para sensibilizar sobre o problema dos ciberataques e outros delitos informáticos creou nos últimos meses un neoloxismo de rexistro coloquial que tira do humor para gañar eficacia neste desafío: cibercarracho, -a.
  • Relatos sobre Ponteceso, Betanzos e Boiro gañan o certame #HoxeEscriboEn
    A Biblioteca Provincial acolleu hoxe a entrega de premios do certame #HoxeEscriboEn 2023. O vicepresidente e deputado de turismo, Xosé Regueira, e a deputada de cultura, Natividad González, entregaron os galardóns ás persoas gañadoras: no primeiro posto, María Luisa Vidal Collazo, por “Estou aquí”, un relato referido a Ponteceso; no segundo, Diego Fernández Fernández, por “O desencravo”, sobre Betanzos, e no terceiro María José González López, por “El pazo de Goiáns”, de Boiro.
  • A UDC e a Fundación María José Jove reúnen a máis dunha trintena de artistas e axentes culturais nun encontro sobre arte contemporánea en Galicia
    A Universidade da Coruña, a través de NORMAL, o espazo de intervención cultural da UDC, e a Fundación María José Jove, a través da plataforma dixital de difusión cultural da área de Arte da Fundación María José Jove (MUV), reuniron hoxe a máis dunha trintena de artistas e axentes culturais con motivo do II Encontro: “Dentro e fóra. Arte Contemporánea en Galicia”.
  • Ourense acolle a exposición sobre mocidade tutelada 'Resalire'
    A sala de exposicións Alterarte e o Paseo da Igualdade do campus de Ourense acollen a mostra Resalire. Con fotografía de Fuco Reyes, esta iniciativa da organización non gobernamental Igaxes forma parte da campaña #NonNosXulgues, pola desestigmatización da mocidade tutelada. A mostra parte da definición de resalire como “persoa que volve a saír” e “capacidade dun corpo para recuperar a súa forma orixinal a pesar de persistir forzas que traten de modificalo”.
  • Un catálogo perpetúa o legado recollido na mostra 'Valle-Inclán íntimo'
    Logo da súa estadía no Salón Artesoado do Colexio de Fonseca a comezos deste ano, o patrimonio artístico e persoal de Valle-Inclán volve estar de actualidade coa publicación do catálogo homónimo da exposición, Valle-Inclán íntimo. O novo volume reproduce nas súas 304 páxinas “da forma máis fiel posible a propia exposición para perpetuar o que por definición é efémero”, explica a profesora Margarita Santos Zas, comisaria da mostra xunto a José Manuel López Vázquez e Javier del Valle-Inclán Alsina.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información