Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O maratón Findecurta celebra a súa quinta edición do 26 ao 29 de xuño

As bases polas que se rexe esta iniciativa cinematográfica, que tamén está aberta a participación de menores de 18 anos sempre e cando conten coa autorización de pais ou titores/as, están accesibles na web www.lugocultural.gal.

As persoas interesadas en tomar parte neste programa deben remitir antes das 13.00 horas do próximo venres a solicitude de inscrición cumprimentada, que está accesible na web www.lugocultural.gal, ao enderezo de correo electrónico cultura.lugo@usc.es. Tamén se pode solicitar máis información a través dos números de teléfono 982 821 513 ou 649948266

Unha vez rematado o período habilitado para formalizar a inscrición, todas as persoas rexistradas para tomar parte no V Findecurta deberán participar na sesión informativa que se desenvolverá o mesmo venres 26 de xuño, a partir das 20.30 horas, na plataforma Zoom. Este primeiro encontro permitirá aos organizadores do certame dar a coñecer o reto ou, o que é o mesmo, indicar as condicións que deberán aparecer ou estar incluídas na curtametraxe.

O briefing previo ao comezo da V Findecurta permitirá, do mesmo xeito que en edicións anteriores, coñecer as persoas que concorren como participantes individuais e non forman parte de ningún grupo. As persoas que non teñan equipo poderán formar un grupo entre elas ou incorporarse aos xa existentes, se o estiman oportuno. Cada un dos grupos inscritos estará representado nesta sesión por unha persoa debidamente acreditada.

O tempo oficial para a realización da curta será desde as 21.00 horas do venres 26 ata as 10.30 horas do luns 29, hora e data límite para remitir as curtametraxes presentadas a concurso ao enderezo de correo electrónico cultura.lugo@usc.es. Os arquivos de vídeo deberán enviarse a través de Wetransfer (https://wetransfer.com), Smash (https://fromsmash.com/) ou SendGB (https://www.sendgb.com). A curtametraxe entregarase nun ficheiro dixital en formato .mov ou .mp4 en 720p ou 1080p codificado en H.264 a 24 ou 25 fps co son codificado en AAC e un peso total que non supere os 2 GB. O idioma das curtas debe ser o galego.

Proxección das curtas e fallo do xurado

O xurado encargado de fallar os gañadores do V Findecurta está formado por personalidades de recoñecido prestixio no ámbito cinematográfico que, atendendo a criterios de creatividade, calidade técnica e cumprimento dos criterios, seleccionará a obra premiada. O fallo do galardón farase público ao remate dunha sesión pública durante a que se proxectarán todos os traballos e cuxa data aínda está sen fixar. Ao remate desta sesión, o público presente tamén poderá votar a proposta que consideren mellor.

Os organizadores deste programa a prol do audiovisual e das novas creacións agasallarán con 500 euros a proposta máis valorada polo xurado. Asemade, a curta gañadora e a seleccionada por parte do público tamén serán proxectadas no marco da próxima edición da Semana Internacional de Cine de Autor, un certame promovido polo Grupo Cinematográfico Fonmiñá e no que os traballos do V Findecurta competirán polo Premio do Público á Mellor Curtametraxe Galega.
Universidade de Santiago de Compostela

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información