Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Notas

  • Galicia organizará o Eurofestival 2013 de xogos tradicionais
    Na pasada fin de semana tivo lugar na localidade francesa de Rodez (Aveyron) a Asemblea anual da Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais (AEXDT). Escollérase a capital do departamento de L’Aveyron por celebrar o centenario do clube local de Quilles de huit.
  • O Brincadeira Rock in Cambre Festival levou a Cambre a 40.000 visitantes
    Entre o xoves 9 e o domingo 12 de agosto, en torno a 40.000 persoas visitaron Cambre atraídas pola celebración do Brincadeira Rock in Cambre Festival, un evento que mobilizou a 87 artistas que ofreceron 16 horas de música en directo ininterrompida cada día. Os dous escenarios simultáneos, a Área de Música Electrónica, a Área Soundsystem e Mc´s, a mostra e venda de artesanía, o posto gratuíto de body paint, as performances..., xunto coa área de acampada e o ambiente multitudinario fixeron de Brincadeira o festival máis completo e atractivo do norte para este verán.
  • A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago en Xapón peregrina ata compostela para apoiar ás rexións danminificadas polo tsunami
    Este proxecto consistiu en convidar a mozos das rexións máis danadas por esta catástrofe natural a peregrinar polo Camiño de Santiago. Trátase de mozos que xa remataron os seus estudos e que sufriron directamente as consecuencias do maremoto na zona de Kesen-numa.
  • ‘Redecinema’ chegará a concellos pontevedreses da man de Cultura e Educación e mais da Deputación
    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística e presidente da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), Valentín García, e mais a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Ana Isabel Rodríguez, presentaron hoxe na cidade do Lérez Redecinema, no marco da que chegará o filme Vilamor a concellos pontevedreses pertencentes á RDL.
  • A Deputación de Ourense edita o primeiro estudo científico e etnográfico sobre o polbo e os polbeiros tradicionais
    A Deputación de Ourense presentou hoxe o primeiro estudo científico e etnográfico sobre o polbo e os polbeiros tradicionais en Ourense, un libro do que é autor o antropólogo Xosé Antonio Fidalgo Santamariña e que supuxo a súa obra póstuma.
  • Cultura e Educación enche o Gaiás de circo, espectáculos e xogos o vindeiro 25 de agosto co festival “cidade imaxinaria”
    Unha viaxe ao mundo máxico do circo, ao balbordo das feiras de principios de século e aos invento e ilusións ópticas nunha xornada chea de espectáculos, xogos e obradoiros totalmente de balde para toda a familia. Esta é a proposta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o vindeiro 25 de agosto cando o complexo do Gaiás se converta durante todo o día nunha Cidade Imaxinaria.
  • A Xunta convoca un ano máis os Premios da Cultura Galega 2012
    Os galardóns recoñecen o traballo destacado de entidades e persoas nos ámbitos das letras, as artes plásticas, as artes escénicas, as iniciativas a prol do patrimonio cultural, a promoción cultural de Galicia, a música e a creación audiovisual.
  • O libro Luces sobre a casa de Goiáns no Antigo Réxime afonda na historia do pazo
    A obra, promovida pola consellería de Cultura e Educación, afonda na traxectoria histórica do pazo máis influinte da comarca do Barbanza durante o Antigo Réxime. Hoxe reivindícase a súa herdanza histórica na construción da identidade artística galega.
  • Mini e Mero, homenaxeados no día da Galiza Mártir 2012 polo seu labor de investigación, apoio e difusión da recuperación da memoria histórica
    A Fundación “Alexandre Bóveda” acordou conceder a Xosé Luís Rivas Cruz (Mini) e a Baldomero Francisco Iglesias Dobarrio (Mero) a concesión do VI Premio Día da Galiza Mártir polo seu labor de divulgación da nosa memoria histórica silenciada.
  • Agadic financia a produción de 18 longametraxes, 30 espectáculos escénicos e un total de 23 festivais
    No apartado audiovisual figuran 10 filmes de ficción e 8 documentais; en tanto que Sarabela, Chévere e Teatro do Morcego asumirán montaxes teatrais de gran formato. Tamén recibirán axuda as salas Teatro Ensalle, Andamio e Santart, 15 festivais de música e outros 8 de teatro e danza.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 255
  • 256
  • 257
  • 258
  • 259
  • 260
  • 261
  • 262
  • 263
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información