O Brincadeira Rock in Cambre Festival levou a Cambre a 40.000 visitantes

Especialmente significativos foron os concertos de Status Quo, Calle 13 e dos galegos Herdeiros da Crus, tanto pola potencia das bandas como pola convocatoria de público. Pero cómpre lembrar a presenza nos escenarios do Brincadeira de bandas como Tito&Tarantula, Barb Wire Dolls, O’Funk’illo, Medina Azahara, Mad Sin, Demented Are Go, Ruxe Ruxe, Boikot ou Sôber, entre outras moitas, que ofreceron directos espectaculares cunha magnífica resposta de asistencia e entrega no público.
A nota curiosa puxérona actuacións como as de Cañita Brava y los Demás, que ateigaron a carpa do escenario Brincadeira Estrella Galicia, Las Grecas, ou a esperada presenza de Chimo Bayo no peche da noite do sábado dende o escenario Brincadeira Ron Legendario.
Considerado en 2011 un dos 18 festivais máis importantes de España, Brincadeira Festival ten xa unha importante traxectoria – esta é xa a VI Edición – e é un dos máis grandes do norte de España: do 9 ao 12 de Agosto permitirá gozar da programación musical máis extensa realizada en Galicia, con máis de 87 artistas e aproximadamente 70 horas de música.
Brincadeira Rock in Cambre Festival